Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a desenvolver o programa FalaRedes nos concellos, mancomunidades e deputacións que compoñen a Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de abril de 2012

    O ministro norteirlandés de Desenvolvemento Rexional, Danny Kennedy, declarou que os sinais de tráfico bilingües non se introducirán en Irlanda do Norte. O comunicado produciuse despois de que tivera lugar unha consulta pública sobre unha proposta de lei para permitir a introdución de sinais en inglés e irlandés ou inglés e escocés do Úlster.

    Fonte: News Letter

    08 de abril de 2012

    Unha enquisa elaborada por un produtor líder de software para a aprendizaxe de linguas, digital publishing AG, mostra que o inglés é a primeira preferencia de aprendizaxe e que o español está adquirindo máis importancia que o francés. Ademais, o estudo conclúe que a aprendizaxe de linguas coa axuda do computador é cada vez máis popular, mentres que perden forza as academias e as viaxes para aprender idiomas.

    Fonte: Bildungs Klick

    08 de abril de 2012

    Unha lingüista da Universidade Federal de Alagoas, Januacele da Costa, estudou durante anos a lingua yaathe, falada polo pobo fulniô do estado brasileiro de Pernambuco. Ata agora publicou varios traballos científicos sobre teoría e gramática que axudaron a documentar a lingua.

    Fonte: Primeira Edição

    04 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas para a promoción do uso da lingua galega nos concellos durante o ano 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de abril de 2012

    O ministro de Ensino Superior, Ciencia e Innovación de Cabo Verde, António Correia e Silva, pediu aos investigadores que atopen métodos e solucións "urxentes" para o proceso do ensino e aprendizaxe da lingua portuguesa neste país africano.

    Fonte: Expresso das ilhas

    04 de abril de 2012

    O Goberno de Navarra asinou o convenio anual coa Real Academia da Lingua Vasca, mediante o que destina 87 314 euros aos traballos sobre o Corpus Onomástico do Éuscaro e un novo número da colección Mendaur.

    Fonte: ABC

    04 de abril de 2012

    O borrador do ensino plurilingüe na Comunidade Valenciana foi cuestionado pola Asociación de Profesores de Francés de Valencia porque o documento ignora o seu idioma e só recolle o inglés como lingua estranxeira de aprendizaxe.

    Fonte: Levante-emv

    04 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no Encontro Festlatino 2012, un seminario no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, apostou pola promoción exterior da lingua galega no continente americano.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de abril de 2012

    As Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder