Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no espectáculo ‘O señor das dunas’, unha das tres actividades que conforman o novo programa de dinamización lingüística promovido pola Consellería de Cultura e Educación e destinado ás entidades locais da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon en marcha o curso ‘O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade’, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de abril de 2012

    A división estatal da multinacional surcoreana Samsung anunciou a través de Twitter que traballa para incorporar o galego, o vasco e o catalán a todos os dispositivos móbiles con sistema operativo Android que esta compañía comercializa.

    Fonte: MundoGaliza

    01 de abril de 2012

    A comunidade laz de Turquía demanda recoñecemento da súa lingua materna, a protección constitucional para o seu uso e desenvolvemento e a recuperación dos topónimos na lingua vernácula.

    Fonte: Sunday's Zaman

    31 de marzo de 2012

    A oferta de cursos privados de linguas como o kurdo, armenio e árabe en Turquía non está a atraer moitos estudantes xa que moitas persoas perderon os lazos coas súas orixes e linguas maternas.

    Fonte: Hurriyet Daily News

    31 de marzo de 2012

    Segundo os primeiros resultados definitivos do censo de 2011 da República de Irlanda, case 82 600 persoas (un 1,8 % da poboación) fala irlandés todos os días fóra da escola. É a terceira lingua máis usada no país, despois do inglés e o polaco.

    Fonte: RTE News

    31 de marzo de 2012

    Nas tres cidades máis poboadas de Paraguai, Asunción, Ciudad del Este e Encarnación, estase a perder o guaraní, denunciou o lingüista español Bartomeu Melià.

    Fonte: Diario Vanguardia

    30 de marzo de 2012

    Unha enquisa mostra que se reduciu o número de cidadáns chineses que falan dialectos, segundo informa o diario Zhongguo Qingnian Bao. Un exemplo sería o dialecto da cidade de Xangai que podería desaparecer xa que moitos rapaces novos non poden falalo.

    Fonte: Spanish China Org

    30 de marzo de 2012

    Con máis de 50 000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.

    Fonte: CTNL

    30 de marzo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de homenaxear a figura de Álvaro Cunqueiro, co gallo do centenario do seu nacemento, na edición número 20 dos Cadernos Ramón Piñeiro, volume que foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela).

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder