Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de marzo de 2012

    A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe xurídica galega destinados ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza e mais aos colectivos relacionados co ámbito xurídico.

    Fonte: CTNL

    30 de marzo de 2012

    O pasado ano publicáronse en Galicia 470 libros electrónicos, un 13,4 % do total da produción editorial galega. Os datos proceden do informe Situación actual y perspectivas del libro digital en España II, no que ademais se salienta o destacado incremento de obras electrónicas editadas en lingua galega durante 2011, un total de 323 lanzamentos neste formato fronte aos 102 rexistrados en 2010, o que supón un incremento do 216,7 % fronte ao crecemento medio dun 44 % no conxunto das linguas estatais.

    29 de marzo de 2012

    O órgano de dirección executiva da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia -vinculada á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- vén de concederlles a aceptación provisional de adhesión ás dezanove entidades que teñen presentadas solicitudes de entrada no que vai de ano, logo da última xuntanza ordinaria do Consello de Membros que tivo lugar o pasado 22 de decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de marzo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, aos centros de ensino, aos centros de estudos galegos, aos centros da emigración, ás bibliotecas municipais e ás casas da cultura de máis de 1600 puntos de Galicia e do exterior.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de marzo de 2012

    O 17 % dos escolares vascos optou no curso 2010/2011 polo modelo A co éuscaro como materia, o 22 % escolleu o modelo B e o 60 % cursou os seus estudos integramente en éuscaro, a través do modelo D, segundo datos facilitados polo Instituto Vasco de Estatística.

    Fonte: Diario Vasco

    29 de marzo de 2012

    A Asociación de Centros de Linguas da Educación Superior (Acles), formada por 34 universidades públicas e privadas, propuxo un modelo común de criterios de acreditación de coñecemento de linguas estranxeiras para facilitar a internacionalización no Espazo Europeo de Educación Superior.

    Fonte: Magisnet

    29 de marzo de 2012

    O director da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) no Ministerio de Asuntos Exteriores de Angola, Oliveira Encoge, afirmou que este país africano apoia a sinatura do acordo ortográfico, por considerar oportuno estudar a lingua falada no país e actualizala aos novos moldes do desenvolvemento lingüístico.

    Fonte: Angola Press

    28 de marzo de 2012

    Os emigrantes portugueses en Europa pagarán ao Estado portugués 120 euros anuais por cada fillo que asista a clases de lingua materna nos países onde vivan. Estas clases eran ata agora de balde. A Constitución portuguesa establece que incumbe ao Estado asegurar o ensino da lingua portuguesa aos fillos dos emigrantes.

    Fonte: Público

    28 de marzo de 2012

    A Deputación de Guipúscuoa espera poder ofrecer todos os seus servizos en éuscaro en 2015, ano en que prevé emendar «os puntos débiles» detectados na atención da institución foral aos cidadáns neste idioma.

    Fonte: Diario Vasco

    27 de marzo de 2012

    A Cámara de Senadores de Bolivia sancionou a Lei xeral de dereitos e políticas Lingüísticas que ten como obxectivo recoñecer, protexer e promover os dereitos lingüísticos de todos os habitantes de Bolivia.

    Fonte: La Prensa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder