Milleiros de persoas maniféstanse en numerosas cidades de toda Francia para reclamar un estatuto oficial para as linguas rexionais.
Fonte: TF1
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Milleiros de persoas maniféstanse en numerosas cidades de toda Francia para reclamar un estatuto oficial para as linguas rexionais.
Fonte: TF1
Un grupo de xudeus, cuxos devanceiros tiñan orixes españolas, reúnese na cidade californiana dos Ánxeles (EUA) para cantar en ladino (ou xudeuespañol), unha lingua que mestura hebreo con español medieval.
Fonte: Fox News
O portal dixital xeneralista-cultural integramente en éuscaro biscaíño Bizkaie!, que cumpre dez anos, ten como “retos para o futuro seguir ofrecendo un produto de calidade, facendo especial fincapé no modelo normalizado do éuscaro biscaíño”, segundo indicou o seu director, Koldo Isusi.
Fonte: Europa Press
A Generalitat convocou unha partida de 726 400 euros para fomentar o uso das terceiras linguas, especialmente o inglés, entre o persoal docente das universidades públicas e privadas, no marco do programa Interlingua.
Fonte: La Razón
Un grupo de alumnos do colexio de Pontecesures confeccionaron un mural inspirado na reflexión de Castelao de que "as vacas son o símbolo da paz". O obxectivo era crear un graffiti para promover o uso da lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove entregoulles os diplomas aos cinco cidadáns estranxeiros que superaron o curso de galego para inmigrantes celebrado na localidade desde finais de 2011. Iniciárono dez persoas, procedentes de países como Xapón, Romanía, Haití, Arxentina, Perú, Uruguai ou Colombia, e finalmente superaron as probas cinco deles.
Fonte: Faro de Vigo
A nova comisaria do galés traballará para garantir que este desempeñe "un papel totalmente central na vida pública". O cargo da comisaria foi creado pola medida da lingua galesa de 2011 que establece con claridade que este idioma ten recoñecemento oficial no país.
Fonte: The Guardian
O conselleiro navarro de Educación presentou o proxecto de decreto foral que regulará as axudas ao uso e á promoción do éuscaro no ámbito municipal.
Fonte: Diario de Navarra
Os alumnos de 2.º de ESO da Labiaga Ikastola de Bera realizaron un traballo de investigación sobre o uso do éuscaro nos mozos de entre 13 e 14 anos de todo Bortziriak.
Fonte: Diario Vasco
O Dicionario Portalrubiero-Español foi elaborado coas achegas dos habitantes de Portalrubio de Guadamejud e dos veraneantes que van á localidade, co fin de conservar e protexer a cultura popular dos municipios da Alcarria conquense.
Fonte: La Razón
Subscríbase ao boletín