Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2011

    O árabe é a lingua oficial e principal de Bahrain e o inglés foi, ata agora e case de maneira exclusiva, a única lingua estranxeira en todas as escolas. Abdullah Al Mutawa, ministro de Educación, anunciou recentemente que incrementará o número de escolas que imparten francés no próximo ano académico.

    Fonte: Gulfnews

    26 de outubro de 2011

    Un profesor da Universidade do Estado de Osun en Nixeria, Siyan Oyeweso, expresou a súa preocupación polo estado lamentable das linguas indíxenas no país africano, que están ameazadas pola promoción do inglés. O profesor culpou desta situación á administración colonial británica que aplicou de maneira deliberada unha política de freo á protección das linguas indíxenas.

    Fonte: The Nation

    26 de outubro de 2011

    Nun comunicado, o partido Foro Asturias lembra o seu apoio “ao desenvolvemento da Lei de uso e promoción do bable” e o seu compromiso para “recuperar a dignidade do idioma como medio de comunicación”.

    Fonte: Asturnews

    26 de outubro de 2011

    Un total de 482 persoas superou as probas de Certificación de coñecemento da lingua galega (Celga) do nivel 3, na convocatoria de xuño de 2011. Os resultados definitivos cos aptos e non aptos destes exames, que se realizaron en Galicia, resto de España e Europa, poden consultarse no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de outubro de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa na reunión da comisión executiva da Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística en Europa (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), onde se aborda o plan de traballo da entidade para o ano 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de outubro de 2011

    As empresas e organizacións de Escocia empregan cada vez máis o gaélico nas súas actividades e carteis comerciais, segundo a asociación da lingua gaélica Comunn na Gàidhlig.

    Fonte: BBC News

    25 de outubro de 2011

    A BBC, a S4C (canle en lingua galesa) e o Goberno británico chegan a un acordo sobre o financiamento da televisión galesa ata 2017. O presidente da dirección da S4C, Huw Jones, considerou o acordo como "histórico e importante".

    Fonte: Wales Online

    25 de outubro de 2011

    Máis de 15 000 alumnos aragoneses quedarán este ano sen o plan de animación cultural en catalán Jesús Moncada despois de que o Goberno de Aragón decidira suprimilo.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    25 de outubro de 2011

    Os eurodeputados de CiU, ERC e ICV uníronse para presentar unha emenda conxunta que pide a oficialidade do catalán na UE aproveitando a revisión dos tratados debido á próxima adhesión de Croacia.

    Fonte: La Vanguardia

    25 de outubro de 2011

    O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Miguel Abel e o técnico do Servizo de Normalización Lingüística Xusto Rodríguez elaboraron un vocabulario de termos de dereito penal en galego.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder