A Mesa pola Normalización Lingüística vén de darlle os parabéns ao buscador Google pola inclusión da lingua galega no seu servizo Google+.
Fonte: Código Cero
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de darlle os parabéns ao buscador Google pola inclusión da lingua galega no seu servizo Google+.
Fonte: Código Cero
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, está a xestionar unha nova convocatoria de cursos de idiomas no estranxeiro para os mozos e mozas de entre 14 e 30 anos para este ano. En total, os participantes poderán optar a mellorar o seu idioma en 17 países diferentes.
Fonte: Xunta de Galicia
O profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo fixo un adianto dun informe que analiza a presenza do galego nas redes sociais, e que se publicará en abril. O estudo, encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, baséase en 1295 enquisas a estudantes de bacharelato, ciclos formativos e universidade, e quere servir como base para tomar decisións respecto á mocidade galega e as TIC.
Fonte: Código Cero
Os dous candidatos asinaron o Acordo Programático para a Política Lingüística na Universidade de Oviedo (2012-2016), o que garante que nos próximos anos sigan dándose pasos pola normalización do asturiano na institución.
Fonte: ABC
O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción para que tanto o DNI coma o permiso de conducir se poidan expedir non só en castelán senón tamén en éuscaro, sempre desde o principio de voluntariedade.
Fonte: Diario de Navarra
Co lema “sí, a la nostra llengua” (si, á nosa lingua), a Obra Cultural Balear e o Consello da Sociedade Civil convocaron unha manifestación a favor do catalán.
Fonte: Diario de Mallorca
Estudantes da escola tibetana de Rebkong, no leste do Tibet, protagonizaron unha importante protesta para esixir os seus dereitos lingüísticos despois de recibir libros de texto en lingua chinesa.
Fonte: Phayul
O ensino do sardo, friulano, albanés, ladino, grego e croata será posible nas escolas italianas. Con esta medida, o Consello de Ministros, tras unha proposta do Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Asuntos Rexionais, ratificou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: AGI.it
Emigrar para a China é unha porta que algúns mozos portugueses non queren pechar. Por iso, son cada vez máis os que procuran falar a lingua nativa chinesa. José Fabrica, alumno de linguas e relacións empresariais da Universidade de Aveiro, estuda o chinés mandarín e explica que se decidiu a aprendelo "porque, como toda a xente sabe, é unha lingua e cultura en auxe".
Fonte: Jornalismo Porto Net
Segundo un profesor da Universidade Nacional de Irlanda en Galway, Conchúr Ó Giollagáin, o bilingüismo nas zonas de fala irlandesa (Gaeltacht) está a "acabar completamente coa lingua" e defende que o bilingüismo en épocas máis tardías, segundo o cal a educación dos nenos se realiza en irlandés exclusivamente, podería contrarrestar o risco de desaparición da lingua.
Fonte: Irish Times
Subscríbase ao boletín