A valorización e o ensino da lingua sarda e doutras linguas minoritarias de Sardeña son o obxectivo principal dunha serie de iniciativas organizadas pola Universidade italiana de Sassari.
Fonte: Alguer
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A valorización e o ensino da lingua sarda e doutras linguas minoritarias de Sardeña son o obxectivo principal dunha serie de iniciativas organizadas pola Universidade italiana de Sassari.
Fonte: Alguer
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, FIC, acolle a sexta edición dun encontro internacional sobre aplicacións informáticas da lingüística, un eido de actividade no que as empresas galegas están a pisar ben forte, como é o caso de firmas como Imaxin ou Galapps.
Fonte: Código Cero
Iniciativa polo Asturiano fixo chegar a todas as formacións políticas que se presenten ás eleccións ao Principado unha carta na que se lles solicita o uso do bable na campaña electoral, de cara aos comicios autonómicos do 25 de marzo.
Fonte: La Voz de Asturias
O pleno da Real Academia Española da lingua aprobou un informe do académico Ignacio Bosque no que se critican as directrices contidas en nove guías sobre linguaxe non sexista elaboradas por comunidades autónomas, sindicatos e universidades, porque, se se aplicase estritamente o que din, “non se podería falar”.
Fonte: Levante-emv
Unha nena nativa americana recibiu un castigo por falar en menominee (a lingua do pobo do mesmo nome) nunha escola da cidade de Shawano no estado de Wisconsin nos EUA.
Fonte: The Star
A memoria de licenciatura da filóloga Elvira Fidalgo da Universidade de Santiago de Compostela analiza a relación íntima entre as formas de chamar a chuvia e a apreciación que fai quen o enuncia de como chove.
Fonte: Faro de Vigo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de 2495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras en 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
A localidade de Benassal acolleu a presentación de Maestrat Viu, un novo colectivo en defensa da lingua e a cultura valenciana.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Andrés Urrutia, presidente da Real Academia da Lingua Vasca, recoñece que a fin da violencia e o proceso de normalización sociopolítica en curso favorecerán “indubidablemente” en adiante a difusión do éuscaro como idioma que aspira a ocupar o seu propio lugar nun Estado plurilingüe como o español.
Rusia esixirá que a UE conceda ao idioma ruso un estatuto oficial, anunciou o viceprimeiro ministro, Dmitri Rogozin. En particular, defendeu que a lingua rusa debe ser recoñecida como oficial ou rexional en todos os lugares onde estean presentes numerosas comunidades de fala rusa.
Fonte: Voz da Rússia
Subscríbase ao boletín