A Asociación de Traballadores da Normalización Lingüística mostrou a súa preocupación coa “tranquilidade” que está tendo o Goberno asturiano para resolver subvencións de asociacións, empresas e particulares para a normalización social do asturiano. Advirte que se non se tramitan antes do 30 de novembro, estas cantidades poderían perderse, cando xa hai entidades que fixeron investimentos para quen solicitou estes apoios.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno rexional de Sardeña aprobou financiamento para a retransmisión de boletíns radiofónicos de noticias en lingua sarda.
O Goberno arxentino inaugurou en Bos Aires o primeiro museo da lingua española en Latinoamérica. Na devandita inauguración non estivo presente ningún representante de España nin da Real Academia Española.
Fonte: El Mundo
Expertos en onomástica recomendan ás persoas que teñan un apelido pouco común e que queiran conservalo, que o cambien no rexistro.
Fonte: La Voz de Galicia
O manifesto denuncia a marxinación do galego nos medios de comunicación privados de Galicia. Un dos seus obxectivos é que xornais, radios e televisións utilicen o galego no 50% dos seus espazos ou programacións.
Fonte: Galicia Confidencial
O manual afianza desta forma o modelo lingüístico vixente en Canal 9 e incluso afonda na vía particularista nalgún aspecto.
Fonte: Levante-emv
A Comisión Europea pide nun informe que as autoridades catalás modifiquen dous artigos da lei catalá do cine, ao considerar que infrinxen a competencia interna en Europa e benefician os produtores en lingua española e catalá en detrimento doutros idiomas.
Fonte: ABC
O Ministerio de Cultura, Deporte e Turismo de Corea do Sur mellorará e incrementará o número dos seus programas de ensino de coreano a estranxeiros o próximo ano por medio dun paquete de medidas que inclúe a mellora do acceso aos institutos públicos de lingua coreana en todo o mundo. O Ministerio tamén aspira a incrementar a calidade dos profesores de coreano e introducir un currículo estandarizado para o ensino da lingua.
Fonte: The Korea Times
O documento sobre a Estratexia das Linguas Nacionais, elaborado polo comité de estudos literarios, culturais e de linguas modernas da Real Academia de Irlanda, indica que a República de Irlanda é o único país de Europa, ademais de Escocia, onde non é obrigatorio o ensino de linguas estranxeiras en ningunha etapa do currículo educativo. O informe mostra tamén que a falta dunha estratexia coherente de aprendizaxe de linguas estranxeiras nas escolas de ensino primario e secundario está danando a competitividade do Estado irlandés no mundo.
Máis de 90 títulos de autores portugueses e africanos de expresión portuguesa foron traducidos este ano a linguas estranxeiras, no ámbito dos programas de apoio da Dirección Xeral do Libro e das Bibliotecas en Portugal, organismo que dedicou case 200.000 euros á tradución e promoción de autores lusófonos.
Fonte: Diário Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín