O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na iniciativa desenvolvida nos soportais do Museo das Peregrinacións de Santiago, acompañado polo profesorado e alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, no que houbo un recitado multilingüe de poemas de distintos autores nas súas respectivas linguas de orixe europea, desde Fernando Pessoa a Walt Whitman e Rosalía.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Dous mestres do CEIP Jaume I de Palma puxeron en marcha un exitoso proxecto de aula para fomentar o catalán entre o alumnado de cuarto de primaria: a radio Myotragus.
Fonte: Diario de Mallorca
O Museo Terra de Barcelona acolleu a presentación dun mapa actualizado das variantes dialectais do catalán, realizado polos dialectólogos Pere Navarro, da Universidade Rovira i Virgili (URV), e Vicent Beltran, da Universidade de Alacant (UA). Este mapa presenta una vintena de dialectos e subdialectos, que de forma xeral se dividen no catalán occidental e oriental.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto do Día da Galeguidade Empresarial, baixo o lema Galeguismo empresarial: comprometidos co futuro, que promove o Foro Enrique Peinador e que este ano acolleu o Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, coa colaboración desta institución e da Xunta de Galicia. Unha celebración que coincide co 20º aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
A Xunta de Galicia porá en marcha de cara a 2025 un plan para impulsar o uso do galego en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade.
O Libro das horas, obra do escritor, intelectual e político ourensán Vicente Risco, xa se pode ler en galego en edición do selo Dr. Alveiros da Fundación Vicente Risco, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, por medio da Secretaría Xeral da Lingua. O volume, publicado por primeira vez en 1961, recupera e recompila textos risquianos da sección xornalística “Horas” do diario La Región.
O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa ve con preocupación que se obrigue as escolas de Cataluña a impartiren un 25 % das materias en castelán. Alén disto, o organismo europeo tamén advirte da “deterioración” da situación das linguas en Aragón, Baleares e a Comunidade Valenciana.
O Grupo de Traballo para a Promoción da Lingua Mirandesa reuniuse en Miranda do Douro para iniciar a súa estratexia de creación dunha fundación que garanta a promoción e protección da lingua mirandesa.
Fonte: Diário de Trás-os-Montes
A Casa da Cidadanía da Lingua da cidade portuguesa de Coímbra estrea a peza teatral Caim, baseada nun romance de José Saramago.
Fonte: Cámara Municipal de Coímbra
A Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) crea a Comisión de Especialistas en Multilingüismo co fin de promover as linguas iberoamericanas, especialmente o portugués e o español, como linguas de ciencia e cultura.
Fonte: OEI
Boletín
Subscríbase ao boletín


