O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega do galardón do XVIII Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor e xornalista Alberto Ramos pola súa obra Pirotecnia. Tal e como lembrou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, este certame conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación literaria en galego e promover o uso social da lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Plan Lingüístico do Equipo de Atención Primaria Sardeña servirá para garantir o dereito dos pacientes a ser atendidos en catalán e fomentar esta lingua na atención por parte dos profesionais sanitarios, así como mellorar o seu coñecemento e uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nun proceso de rusificación sen precedentes, as escolas de Belarús abandonan paulatinamente a lingua bielorrusa en favor do ruso, que se está convertendo tamén no idioma predominante nas institucións públicas e nos medios de comunicación.
Fonte: Euronews
Francia e Armenia asinan un acordo para promover o ensino da lingua francesa nas escolas públicas. O país galo vai investir 600 mil euros neste proxecto.
Fonte: OC Media
A portavoz do Goberno comprometeuse a poñer en marcha melloras para facilitar o acceso das persoas migrantes aos cursos de catalán, despois dunha denuncia polas dificultades no proceso de inscrición, como o colapso da plataforma e as longas esperas.
Fonte: Infobae
O Concello de Barakaldo lanza unha nova convocatoria de axudas á rotulación en éuscaro para comercios, hostalaría e servizos á que destinará unha partida de 5000 euros destinada a financiar ata un 50 % ou 25 % dos gastos de instalación dos rótulos nesta lingua.
Fonte: Radio Nervión
Os dominios .gal, .cat e .barcelona lanzan unha promoción conxunta para celebrar o Día Europeo das Linguas, ofrecendo rexistros a un prezo reducido ata o 11 de outubro. Esta iniciativa ten como obxectivo poñer en valor a diversidade lingüística e cultural de Europa, e evidenciar así que representan case doce millóns de falantes.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ao acto As tres Negreira de Galicia, que acolleu a Casa do Concello de Negreira.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ás actividades do Festival Internacional de Cinema de Bueu na última xornada desta 17ª edición, que se desenvolve co apoio da Xunta de Galicia como cita estratéxica para o audiovisual galego.
Hai 26 anos, o Goberno de Portugal oficializou o mirandés como segunda lingua oficial. Con motivo desta celebración, o Instituto Politécnico de Bragança manifestou o seu interese por estudar esta lingua e promover o seu ensino e asinará un protocolo coa Associação de Cultura e Língua Mirandesa.
Fonte: Rádio Bragança
Boletín
Subscríbase ao boletín


