A cidade norteirlandesa de Belfast acolleu unha protesta de colectivos a prol do gaélico irlandés para demandar que os novos sinais da estación central incorporen esta lingua.
Fonte: Belfast Telegraph
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A cidade norteirlandesa de Belfast acolleu unha protesta de colectivos a prol do gaélico irlandés para demandar que os novos sinais da estación central incorporen esta lingua.
Fonte: Belfast Telegraph
O catedrático da Universidade de Coímbra José Augusto Bernardes é o novo comisario xeral do programa das conmemoracións do V Centenario do Nacemento de Luís de Camões.
Fonte: Público
Orai NLP Teknologiak desenvolveu Llama-eus-8B, un modelo neuronal deseñado para mellorar o uso da intelixencia artificial en éuscaro que permite tarefas como a corrección gramatical, a xeración de contidos e a tradución automática. Baseado no modelo Llama3.1-8B de Meta, utiliza un corpus en éuscaro chamado ZelaiHandi, combinado con textos en inglés para transferir capacidades lingüísticas entre ambas linguas.
Euskal Idazleen Elkartea, en colaboración co Concello de Pamplona, organiza o taller Hitzen Mintegia 2024, centrado na escritura en éuscaro para recitais públicos. Celebrarase en tres sesións os días 28 de setembro, 5 e 19 de outubro, en Condestable, con 15 prazas dispoñibles. O obxectivo é proporcionar ferramentas para a creación literaria e a lectura en público. Na última sesión, haberá un recital aberto onde se presentarán os textos traballados.
Os vídeos premiados na segunda edición do certame Vémolo Nós, organizado pola USC, abordan con orixinalidade temas sobre o rural galego, a vida universitaria e a lingua galega. O concurso, que busca fomentar o uso do galego no audiovisual científico, repartiu premios entre pezas que exploran cuestións como a biotecnoloxía, a relación coas vacas, a presenza dunha gata emblemática na universidade e o proceso de aprendizaxe do galego por parte dun estadounidense.
O TriviGal é unha partida de Trivial en galego, que se desenvolverá o 17 de setembro na Facultade de Veterinaria. organizada no marco do programa #BenVida USC.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Oficina da Propiedade Intelectual do Reino Unido completou a primeira fase do seu programa de acceso dixital para falantes de lingua galesa co lanzamento do seu sitio web nesta lingua.
Fonte: Gov.uk
Juan José Lamelas Caneiro faise co premio do IX Concurso Balbino de Relatos, promovido por Edicións Fervenza co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e da Fundación Xosé Neira Vilas, entroutras institucións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves, un estudo do ornitólogo, investigador e mestre Xosé Manuel Penas Patiño que conta co apoio da Xunta para abordar en profundidade os nomes galegos das diferentes especies ornitolóxicas.
O catalán xa figura entre as opcións de Microsoft Copilot, o chatbot de intelixencia artificial de Microsoft, que incorporou tamén o galés.
Fonte: El Nacional
Subscríbase ao boletín