O Tribunal de Apelación de Tolosa de Linguadoc, Francia, confirmou a prohibición de empregar unicamente ou de xeito prioritario o catalán nos plenos municipais de cinco concellos da Cataluña Norte.
Fonte: La Semaine du Roussillon
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Tribunal de Apelación de Tolosa de Linguadoc, Francia, confirmou a prohibición de empregar unicamente ou de xeito prioritario o catalán nos plenos municipais de cinco concellos da Cataluña Norte.
Fonte: La Semaine du Roussillon
O Concello de Deba presentou o seu Plan estratéxico do éuscaro 2024-2034, que busca reverter a diminución da transmisión e uso da lingua no fogar e na rúa, e garantir a súa revitalización nos próximos dez anos. O documento, elaborado con participación social, define accións concretas en ámbitos como a familia, a educación, o deporte e a cultura, para fortalecer o éuscaro como elemento clave da identidade e cohesión social no municipio.
A Real Academia Galega alerta nun informe do preocupante retroceso do galego como lingua habitual, especialmente entre a mocidade, segundo os últimos datos do IGE. O informe critica o incumprimento da Lei de normalización lingüística e apunta ao modelo educativo e ás políticas actuais como responsables da situación.
Na décima edición dos Premios Pompeu Fabra destacáronse entidades como Dagoll Dagom e Edicions Camacuc na proxección do catalán, e persoas como Isidor Marí Mayans e Míchel Sánchez polo seu compromiso coa lingua. Ademais, o Premio Robèrt Lafont 2024 recoñeceu a Fredo Valla pola súa traxectoria na promoción e dinamización do occitano. Estes galardóns destacan o esforzo colectivo na defensa e difusión das linguas catalá e occitana.
A sétima edición dos Premios Lingua e Empresa de Ames galardoou a Lago Louro Avogados, polo seu uso consolidado do galego no ámbito xurídico, e a Tecidos Tolemia, pola incorporación recente da lingua nas súas relacións comerciais. A gala, celebrada no Milladoiro, contou con ampla participación empresarial e destacou o compromiso co galego como elemento de identidade e normalización lingüística.
A mocidade alemá elixiu "Aura" como a palabra do ano 2024. O anuncio tivo lugar na Feira do Libro de Frankfurt. Esta palabra úsase como unha expresión positiva para describir algo "guai" ou para mostrar aprobación a alguén por realizar boas accións.
Fonte: DW
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) organiza en Berlín unha feira do libro con máis de 400 títulos de autores de lingua portuguesa e as súas respectivas traducións ao alemán.
Fonte: TSF Rádio Notícias
Un estudo de Pimec, en colaboración coa Generalitat, constata un aumento do uso do catalán no ámbito empresarial dun 17,2 % desde 2012. A maioría das empresas considera que o uso da lingua se mantén, pero sectores como a construción e a hostalería destacan polo seu uso habitual en atención ao cliente. O catalán é máis empregado na documentación interna, mentres que nas redes sociais a súa presenza varía segundo o sector económico.
A Deputación Foral de Biscaia abre en xaneiro de 2025 catro convocatorias de subvencións para fomentar o éuscaro en distintos ámbitos sociais, cun investimento total de 2,27 millóns de euros. Destínanse fondos á promoción do idioma no ámbito laboral, local e dixital, que inclúen plans en empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais.
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un programa para fomentar proxectos de innovación educativa na dinamización lingüística, dirixido a centros públicos durante o curso 2024/2025. Seleccionaranse cinco proxectos destacados, que recibirán unha axuda de 2000 euros cada un.
Subscríbase ao boletín