O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron o programa de voluntariado lingüístico «Queres falar?» destinado a promover o uso do galego entre a mocidade a través de conversas entre galegofalantes habituais e persoas que queiran mellorar a súas habilidades no idioma ou incorporalo de novo á súa fala.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Boletín Oficial do Estado retomou a publicación do suplemento en catalán tras máis de tres anos, grazas a un convenio entre a Generalitat e o Goberno. Este acordo inclúe a tradución de normativas e disposicións xerais en catalán, cun custo anual máximo de 273 000 euros. A publicación limítase ao formato electrónico e só se traduce o sumario das disposicións acordadas.
Un informe presentado por quince entidades valencianas denuncia un incremento do 7,3 % nas vulneracións lingüísticas na Comunidade Valenciana. As organizacións solicitan a reapertura dunha Oficina de Dereitos Lingüísticos para afrontar estas situacións e avanzar cara á igualdade lingüística.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a programación de Nadal en Rede, a campaña de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia e que celebra a súa décimo terceira edición achegando propostas de lecer en galego a unha trintena de concellos durante a época festiva.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude deu a coñecer no marco do Culturgal as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do martes 3 de decembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro de Asuntos Exteriores de España, José Manuel Albares, reuniuse coa presidenta da Unión Europea, Roberta Metsola, para lle reiterar a petición de oficializar o galego, o catalán e o éuscaro en Europa.
Fonte: Catalan News
O Goberno e o Parlamento de Córsega mostran a súa firme oposición á decisión dos tribunais franceses de prohibir o uso da lingua corsa, mentres a sociedade civil se mobiliza para denunciar a imposición do francés e defender os dereitos lingüísticos e culturais da illa.
Fonte: Diari de la Llengua
O colexio do Foxo, na Estrada, presentou a campaña anual «Bicos a Moreas», que promove o uso do galego a través de adhesivos creados polo alumnado con debuxos e mensaxes nesta lingua. A iniciativa, apoiada economicamente pola Asociación de Comerciantes e a Asociación Comarcal de Empresarios, distribúe estes adhesivos nos comercios locais para a campaña de Nadal, co obxectivo de darlle visibilidade ao galego e premiar a creatividade infantil.
O Congreso dos Deputados e a Real Academia da Lingua Vasca asinaron un convenio para impulsar iniciativas de formación, coñecemento e difusión do éuscaro. Este acordo, que terá unha vixencia de dous anos, prestará especial atención á linguaxe xurídica, pois afecta directamente aos dereitos da cidadanía.
O Manifesto do Día Internacional do Éuscaro, que contou co apoio do Goberno vasco, as tres deputacións forais, EUDEL e UEMA, destaca a responsabilidade colectiva de institucións e sociedade para revitalizar o éuscaro e que este precisa acción e cohesión para manterse vivo.
Boletín
Subscríbase ao boletín

