Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de decembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega do premio do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares a María de los Ángeles Verea pola obra A explotación de arxila e a súa transformación nas terras do Condado de Pallares.

    03 de decembro de 2024

    A Universidade Central de Venezuela está a celebrar o 30 aniversario do Departamento de Portugués que foi creado en 1994 grazas a un protocolo de cooperación entre esta institución académica e o Instituto Camões.

    Fonte: RTP Notícias

     

    03 de decembro de 2024

    O Ministerio do Interior de Lituania informou de que, a partir do mes de xaneiro, o exame de condución se poderá realizar só en lituano ou en calquera das linguas da Unión Europea.

    Fonte: LRT

    03 de decembro de 2024

    Segundo unha enquisa do Observatorio Vasco, o 74,7 % da mocidade de 15 a 29 anos está a favor de intensificar os esforzos para garantir a presenza do éuscaro en todos os ámbitos. Porén, o grao de acordo diminúe entre as persoas de 25 a 29 anos. Estes resultados reflicten a importancia de accións como as propostas na Axenda 2030 para reforzar o uso e a normalización desta lingua.

    03 de decembro de 2024

    O Concello de Ames celebra a VII edición dos Premios Lingua e Empresa que recoñecen o uso do galego no ámbito empresarial local. Este ano compiten 34 empresas, cunha maior participación de negocios que consolidaron o galego na súa comunicación. Os premios inclúen 1500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio.

    03 de decembro de 2024

    O Plan Ofercat 2024-2028, presentado en Santa Coloma de Gramenet, busca promover o uso do catalán no comercio mediante formación, sensibilización e colaboración con axentes locais. O plan incidirá en sectores con carencias lingüísticas e incluirá accións específicas en barrios, formación directa en comercios e campañas de promoción para mellorar o uso social desta lingua ata 2028.

    03 de decembro de 2024

    Na XXV edición dos Premios Manuel Beiras, o xurado recoñeceu tres empresas polo seu compromiso co galego: Ela Diz, na categoría de uso continuado, pola integración da lingua e da cultura galegas nun negocio de moda responsable; Toxo Telecom, na modalidade de nova incorporación, polo uso innovador e próximo do galego na comunicación; e Chichalovers, en comunicación innovadora, pola promoción de produtos locais e da cultura galega con orixinalidade.

    02 de decembro de 2024

    O Consello Nórdico aprobou en Islandia a Declaración sobre a Política das Linguas Nórdicas co obxectivo de protexer o uso de todas as linguas dos países nórdicos. A mocidade reclamou maior visibilidade e exposición a estas linguas.

    Fonte: Nordic Co-operation

    02 de decembro de 2024

    O equipo de lexicografía do Oxford English Dictionary declarou que brain rot (literalmente 'podremia de cerebro') é a nova palabra do ano 2024 na lingua inglesa. O termo adoita referirse a un estado de obsesión ou esgotamento mental causado por consumir excesivamente certo tipo de contido (como redes sociais, videoxogos ou series).

    Fonte: Oxford University Press

    02 de decembro de 2024

    As novelas Nailía, de Loli Rodríguez, en galego, e La soledad de los reptiles, de Antonio Bonet de Luna, en castelán, foron as gañadoras da XXXVI edición dos Premios Torrente Ballester de narrativa 2024. As obras recibirán 15 000 euros cada unha e serán publicadas pola Deputación da Coruña.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder