Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2011

    Durante os próximos cinco anos, o Ministerio de Educación de Singapur ofrecerá 1 millón de dólares ao Comité para a Promoción da Aprendizaxe da Lingua Támil para a promoción da aprendizaxe e o uso desta lingua.

    Fonte: GovMonitor

    06 de abril de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF) e a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense presentaron a terceira edición do Certame de Cinema OUFF Escola, unha iniciativa que se enmarca no XVI Festival de Cine Internacional de Ourense.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de abril de 2011

    O Consello de Goberno aprobou o decreto polo que se aproban os estatutos da Academia da Lingua Aragonesa e a Academia Aragonesa do Catalán.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    06 de abril de 2011

    A Axencia Tributaria diferencia entre catalán e valenciano aínda que o Tribunal Supremo avalou en 2008 a denominación académica de catalán para o valenciano e que o Institut d'Estudis Catalans e a entidade homónima en Valencia aseguran que se trata da mesma lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de abril de 2011

    A plataforma de defensa da lingua galega Prolingua iniciou unha campaña de sensibilización para que os promotores do centro comercial Marineda City da Coruña empreguen o galego na súa comunicación.

    Fonte: A Nosa Terra

    06 de abril de 2011

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación está a organizar tres sesións de videomatón, nas que se recollerán as opinións da comunidade universitaria sobre a situación da lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    05 de abril de 2011

    O Instituto Cervantes abre a súa nova sede na colonia británica de Xibraltar con 120 matrículas en cursos de lingua e literatura españolas.

    Fonte: El Confidencial Digital

    05 de abril de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou en Lugo o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, unha iniciativa que “busca favorecer o intercambio e a posta en común de proxectos de fomento do uso do galego que se están a desenvolver desde o ámbito educativo”, asegurou o secretario xeral.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de abril de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou os cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de abril de 2011

    Maxia, música e banda deseñada: estes son os principais ingredientes da programación que ten preparada para esta semana Bocaberta, o programa de dinamización do uso do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixe aos mozos e mozas de 3 a 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder