Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de marzo de 2011

    O responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, animou os alumnos e alumnas que participan no Proxecto Galauda a continuar estudando galego en Cataluña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de marzo de 2011

    A Plataforma pola Lingua e unha vintena de asociacións de emigrantes participarán os próximos días 15 e 16 de abril na gravación dun vídeo musical co obxectivo de reivindicar o papel do catalán como “elemento de inclusión” das persoas que chegan doutros países.

    Fonte: ABC

    31 de marzo de 2011

    Escola Valenciana organizará 19 encontros durante o próximo curso para reivindicar o uso do valenciano na educación e conmemorar o centenario do nacemento de Enric Valor, a quen dedicarán todas estas mobilizacións baixo o lema “O valor do valenciano”.

    Fonte: ABC

    30 de marzo de 2011

    Os departamentos universitarios de linguas advirten que o incremento das taxas de matrícula nas universidades inglesas podería pór en risco a inscrición dos estudantes. Moitas carreiras de linguas inclúen un ano extra no estranxeiro e témese que os estudantes non estean dispostos a pagar ata 36.000 libras esterlinas por cursar un cuarto ano. Os departamentos de linguas están preocupados ante a falta de solicitudes e, dada esta situación, algunhas universidades están xa consultando a posibilidade de retirar da súa oferta a totalidade das carreiras de linguas modernas.

    30 de marzo de 2011

    O Instituto Camões asinou un protocolo coa empresa Priberam, que fornece ferramentas lingüísticas para a lingua portuguesa, para dinamizar a aplicación do Acordo Ortográfico en todo o mundo.

    Fonte: Expresso

    30 de marzo de 2011

    A Universidade de Vigo, co apoio do Instituto de Estudos Miñoranos, vai poñer en marcha unha páxina web sobre microtoponimia e talasonimia, e máis unha topopedia.

    Fonte: Código Cero

    30 de marzo de 2011

    O galego recúa no negocio editorial. A produción de libros caeu un 21,6% en 2010. Publicáronse menos títulos, 2.788, dos cales só o 51,25% están en galego.

    Fonte: A Nosa Terra

    30 de marzo de 2011

    A maxia, a poesía e a música son as protagonistas desta semana de Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o uso do galego entre os rapaces e as rapazas dos 3 aos 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2011

    O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) prorrogaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións para o ano 2011. Segundo recolle o convenio, o Goberno de Navarra destinará este ano 149.000 euros para financiar as actividades referentes ao éuscaro que a Academia desenvolve na Comunidade Foral.

    Fonte: ABC

    30 de marzo de 2011

    Un 75% das actuais ofertas de traballo para perfís sénior e altos esixen como requirimento indispensable o coñecemento dun segundo idioma, segundo o Informe Randstad Professionals, que analizou a situación actual do mercado laboral para este segmento de traballadores e o seu reflexo directo na contratación.

    Fonte: Expansión

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder