Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2011

    A maioría dos candidatos nas próximas eleccións parlamentarias en Finlandia apoia a supresión do sueco como lingua obrigatoria no sistema educativo. Máis da metade dos candidatos de todos os partidos, a excepción do Partido Popular Sueco (SFP), estaría a favor de converter a lingua sueca en materia optativa. En total, un 62,5 % apoia esta iniciativa.

    Fonte: Helsinki Times

    02 de abril de 2011

    De acordo cun estudo publicado por EF English First, o maior centro de ensino de inglés do mundo, os países escandinavos son os que ocupan o primeiro lugar en dominio desta lingua, mentres que Rusia, Turquía e os países suramericanos ocupan os últimos lugares de competencia.

    Fonte: Reuters

    01 de abril de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantivo un encontro co profesorado e cos lectores de galego da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e da Universidade de Barcelona (UB).

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de abril de 2011

    A primeira gramática do éuscaro en internet xa está dispoñible na rede (www.ehu.es/seg). A aplicación, de acceso gratuíto, inclúe 25 millóns de palabras e enlaces con exemplos do seu uso tanto na literatura e na prensa vasca, coma na televisión.

    Fonte: Elcorreo.com

    01 de abril de 2011

    Máis da metade dos cidadáns de Cataluña, un 56 %, ten o castelán como lingua de uso habitual, mentres que case catro de cada 10 (un 39,5 %) emprega o catalán como idioma habitual.

    Fonte: El Periódico

    01 de abril de 2011

    A plataforma GalegoLab está a mobilizar os seus membros coa arela de impulsar os seus proxectos en fase de desenvolvemento. Cómpre lembrar que tanto estas iniciativas pendentes de pulo como as que xa están rematadas colleron corpo grazas ao labor conxunto da comunidade de integrantes de GalegoLab.

    Fonte: Código Cero

    01 de abril de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse coa súa homóloga en Cataluña, Yvonne Griley. Durante o encontro, que tivo lugar na sede do departamento da Generalitat de Cataluña, en Barcelona, os dous responsables intercambiaron puntos de vista sobre os proxectos nos que colaboran actualmente.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de marzo de 2011

    Os concellos guipuscoanos de Andoain, Astigarraga, Hernani, Lasarte e Urnieta subscribiron un convenio con Caja Laboral para fomentar o emprego do éuscaro.

    Fonte: ABC

    31 de marzo de 2011

    O libro Termos esenciais de dereito constitucional, galego-español da profesora Begoña López Portas foi presentado, xunto a once unidades didácticas, na Facultade compostelá de Dereito. As obras forman parte da campaña ‘Témoslle lei’, que ten por obxecto aumentar e mellorar o uso do galego na docencia e no estudantado para levalo a un terzo.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    31 de marzo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse co director do Institut Ramon Llull, Vicenç Villatoro, unha entidade que ten como obxectivos prioritarios a promoción e difusión da lingua e da cultura catalás no exterior.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder