Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de marzo de 2011

    En Tangran, unha cidade do centro da China, localizada no extremo da meseta tibetana, carteis de gran tamaño anuncian que dez millóns de dólares se investirán na construción de relucentes oficinas, centros culturais e un estadio. Trátase dun proxecto de desenvolvemento financiado polo estado co que Pequín quere levar unha mellor calidade de vida á cidade. Porén, os sinais están escritos só en chinés mandarín. Para os tibetanos que non poden ler mandarín, trátase dunha información sen sentido.

    20 de marzo de 2011

    A carencia de habilidades en lingua estranxeira segue a ser un problema entre a man de obra vietnamita dos servizos da informática. Un estudo elaborado en dez empresas de software do país mostrou que só un 25-40 % dos traballadores cumpren os requisitos de coñecemento en lingua estranxeira.

    Fonte: VietNamNet

    18 de marzo de 2011

    A Delegación de Educación de Sevilla e o Teatro da Maestranza coa colaboración de 18 centros educativos sevillanos estrearán este próximo 9 de abril no Teatro da Maestranza a ópera de Engelbert Humperdinck Hansel e Gretel.

    Fonte: Diario Signo

    18 de marzo de 2011

    O servizo de consultas lingüísticas sobre usos correctos do éuscaro por internet de Euskaltzaindia, Jagonet, recibiu na súa primeira década en funcionamento un total de 835.000 solicitudes de asesoramento, das cales 140.443 foron en 2010.

    Fonte: ABC

    17 de marzo de 2011

    O ensino en valenciano crece, pero "moi lentamente", con tan só un 1 por cento anual, e nunha década chegou a subir un 11 %. En concreto, 3 de cada 10 estudantes escolarízanse en programas de ensinanza en valenciano.

    Fonte: Levante

    17 de marzo de 2011

    Investigadores da Universidade de Ottawa recompilarán unha historia completa da lingua francesa en América do Norte mediante unha crónica de testemuños familiares durante os últimos 400 anos para ver como o francés configurou as comunidades canadenses, a cultura e o país.

    Fonte: Social Sciences and Humanities Research Council

    17 de marzo de 2011

    O novo portal de internet en éuscaro biscaíño, www.bizkaiera.biz, posto en marcha pola Deputación Foral de Biscaia e o Instituto Labayru, alberga testemuños orais e escritos dirixidos especificamente a persoas que se expresen neste dialecto.

    Fonte: ABC

    17 de marzo de 2011

    O ciclo de conferencias “As institucións da Lingua Española”, que acollerá do 21 ao 31 de marzo a Universidade Complutense de Madrid, dará a coñecer o labor da Fundación Comillas, un centro de excelencia dedicado á promoción e ensino especializado da lingua e a cultura hispánicas.

    Fonte: 20 minutos

    17 de marzo de 2011

    Desde que se anunciou a nova edición de La Vanguardia en catalán as contas en apoio á iniciativa lograron sumar xa máis de 10.000 seguidores, 8.700 en Facebook e 1.900 en Twitter. Este dato en pouco máis de 15 días amosa o apoio dos lectores á iniciativa editorial.

    Fonte: La Vanguardia

    17 de marzo de 2011

    GalegoLab, unha asociación que promove accións en favor da lingua galega, é unha das aspirantes ao Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva, galardón que promove a Academia Galega do Audiovisual.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder