Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de marzo de 2011

    Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística celebraranse os vindeiros días 28 e 29 de abril de 2011 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición os Encontros van prestar unha especial atención ao tema da lingua como elemento de cohesión social e á análise da acción política no ámbito municipal, sen esquecer a liña habitual de seguimento de iniciativas e de revisión de accións xa realizadas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de marzo de 2011

    Nos últimos sete anos, o coñecemento da lingua catalá sufriu un descenso de dez puntos debido á chegada de cidadáns procedentes doutras comunidades autónomas e doutros países.

    Fonte: Diario de Mallorca

    10 de marzo de 2011

    O Consello Asesor do Éuscaro revisou o antigo plan e acordou as bases para a política lingüística dos vindeiros anos. A partir de aí o Consello Asesor debe deseñar "un plan xeral conformado por medidas concretas que sexan viables e eficaces", aseguraron desde a Consellería de Política Lingüística do Goberno vasco.

    Fonte: EiTB

    10 de marzo de 2011

    A Xunta de Galicia recupera unha das obras máis senlleiras de Ricardo Carvalho Calero. Trátase dunha reedición facsimilar de Prosa galega, coa que o Goberno quere render homenaxe e honrar a memoria do que foi o primeiro catedrático de galego na universidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de marzo de 2011

    Alén do portugués e do mirandés oficiais, en Portugal fálanse tamén outras variedades lingüísticas creadas por determinados grupos profesionais que están a caer en desuso e que non gozan de recoñecemento oficial.

    Fonte: Sol

    09 de marzo de 2011

    O alumnado xaponés de entre 10 e 12 anos recibirá clases de lingua estranxeira obrigatorias o que alenta as esperanzas dos educadores e os membros da comunidade empresarial de deixar atrás décadas de déficit no coñecemento da lingua inglesa.

    Fonte: Guardian

    09 de marzo de 2011

    As multinacionais Renault e Michelín, con varias factorías e centos de traballadores en Castela e León, reforzarán o estudo da lingua francesa dentro do ámbito da formación profesional, a cuxos alumnos facilitará a realización de prácticas dentro de fábricas situadas no país veciño.

    Fonte: ABC

    09 de marzo de 2011

    Para darlle continuidade ao premio creado o ano pasado en memoria de Rosalía de Castro, co fin de recoñecer a promoción e dignificación do patrimonio lingüístico galego, a Deputación da Coruña convoca a II edición deste galardón.

    Fonte: A Coruña Cultura

    09 de marzo de 2011

    A lexislación en materia lingüística de Quebec establece que a lingua oficial desta provincia canadense é o francés. Malia isto, accionistas nativos de lingua francesa dalgunhas empresas quebequesas non poden obter a documentación nesta lingua.

    Fonte: CTV News

    08 de marzo de 2011

    A Fundación Comillas impartirá un novo curso sobre o ensino do español como lingua estranxeira (ELE), concretamente sobre as dinámicas de traballo para aplicar na aula.

    Fonte: 20 Minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder