Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de marzo de 2011

    O candidato socialista á Alcaldía de Almería, Juan Carlos Usero, reuniuse cos representantes da Asociación Provincial de Persoas Xordas de Almería (ASOAL). User comprometeuse a ofrecer intérpretes de lingua de signos para a xestión de servizos municipais.

    Fonte: Diario Signo

    08 de marzo de 2011

    Promover a oferta de recursos didácticos curriculares en galego. Este é o principal obxectivo das subvencións que convoca no Diario Oficial de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de marzo de 2011

    Bocaberta enche este semana de Entroido co mellor da música, da maxia e da banda deseñada en galego para os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de marzo de 2011

    A antiga polémica sobre a normativización da lingua retorrománica ou romanche xurdiu de novo con sorprendente forza no cantón de Graubünden, onde se fala esta lingua. A variedade estándar, coñecida como romanche grisón (RG), está a ser introducida gradualmente co fin de incrementar o coñecemento da lingua nas escolas primarias e parece que acabará por suplantar os dialectos rexionais. Porén, os opositores do RG como lingua de instrución constituíron agora un grupo de presión que defende a aprendizaxe dos dialectos.

    07 de marzo de 2011

    As queixas dos pacientes sobre a falta de competencia lingüística dos médicos estranxeiros na lingua oficial dos países da Unión Europea fai pensar nunha mudanza nos requisitos lingüísticos para os médicos que aspiren a exercer a profesión nun país do Espazo Económico Europeo, que inclúe, ademais dos 27 estados membros da Unión Europea, os países de Noruega, Islandia e Liechtenstein.

    Fonte: CMAJ

    07 de marzo de 2011

    A Consellería de Medio Ambiente, Auga, Urbanismo e Vivenda, a través do Instituto Cartográfico da Comunidade Valenciana e a Academia Valenciana da Lingua, colaboran para mellorar, actualizar, completar e ampliar os rexistros topográficos da Comunidade Valenciana.

    Fonte: El Periodic

    07 de marzo de 2011

    Alberto Fernández Díaz, presidente do grupo municipal do Concello de Barcelona, comprometeuse a promover unha nova normativa de acceso ás licenzas de taxi que garanta que os novos taxistas coñezan as dúas linguas oficiais de Cataluña, o castelán e o catalán.

    Fonte: Libertad Digital

    07 de marzo de 2011

    A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou o proxecto de toponimia lúdica Atopando Compostela. Trátase dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago e está dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria, co fin de que se familiaricen cos nomes propios dos lugares do municipio no que viven.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    07 de marzo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presidiu en Oxford o encontro dos centros de estudos galegos de Gran Bretaña e Irlanda. Na xornada, que se desenvolveu no Queen’s College, participaron os responsables e os lectores e as lectoras dos centros de estudos galegos das universidades de Oxford, Birmingham, Bangor e Cork.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de marzo de 2011

    Con motivo do estudo da exhortación apostólica "Verbum Domini", Julio Cabrera, bispo de Julapa, en Guatemala, presentou a tradución da Biblia ao quiché, a lingua de maior difusión das 22 linguas maias presentes no país centroamericano.

    Fonte: Radio Vaticana

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder