Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de marzo de 2011

    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña cuestiona que o Concello “desaproveite a oportunidade” de introducir o galego nas novas sinalizacións do transporte urbano que se están a instalar en diferentes puntos da cidade.

    Fonte: Xornal

    01 de marzo de 2011

    O alcalde de Sagunto, Alfredo Castelló, visitou o expositor que a Academia Valenciana da Lingua instalou na praza Glorieta para promover o valenciano, e comprobou as actividades que se realizaron.

    Fonte: El Económico

    01 de marzo de 2011

    A páxina web Practica Español recibe visitas de máis dun centenar de países/territorios do mundo, en 60 linguas distintas, segundo afirmou, na Universidade de Navarra, a responsable executiva do proxecto da Axencia EFE, María José Izquierdo.

    Fonte: ABC

    28 de febreiro de 2011

    Con ocasión dunha campaña iniciada pola plataforma pro-kurda Congreso para unha Sociedade Democrática (DTK), recolléronse máis dun millón de sinaturas para demandar unha "educación na lingua materna". Esta petición tamén se enviará á Unión Europea e á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

    Fonte: Rojhelat

    28 de febreiro de 2011

    Mentres os expertos avogan pola evolución da Lei de uso e ensinanza do valenciano coa implantación de programas plurilingües que atrasen aos sete anos o ensino en castelán, dado que é a lingua dominante, o Goberno valenciano busca a maneira de minar o espírito da normativa e limitar a aprendizaxe desta lingua.

    Fonte: El País

    28 de febreiro de 2011

    Escola Valenciana aposta por “unha educación plurilingüe, de calidade para todo o alumnado valenciano” e sen distincións por “procedencia lingüística, cultural e socioeconómica dos alumnos”, na que se introduza o inglés a partir dos tres anos e se imparta como mínimo a metade das horas lectivas en valenciano.

    Fonte: Europa Press

    28 de febreiro de 2011

    Once asociacións culturais das provincias de León, Zamora e Salamanca dedicadas á defensa do leonés e do galego constituíron a Plataforma en Defensa do Leonés e do Galego en Castela e León.

    Fonte: Galicia Hoxe

    27 de febreiro de 2011

    O deputado do Parlamento portugués para a Emigración, Paulo Pisco, defendeu a necesidade de "ir máis lonxe" e actuar con "maior eficacia" na promoción da lingua e cultura portuguesas no estranxeiro.

    Fonte: Diário de Notícias

    27 de febreiro de 2011

    A Corporación Nacional para o Desenvolvemento Indíxena (CONADI) ofrece desde 2006 cursos básicos de aimará para promover esta lingua nativa en Chile.

    Fonte: La Estrella de Iquique

    27 de febreiro de 2011

    A formación política Shiv Sena da India enviou unha solicitude formal ao primeiro ministro indio Manmohan Singh coa que reclama o status de lingua clásica para o maratí, unha lingua antiga falada por 95 millóns de persoas. Ata agora as linguas que gozan deste recoñecemento son o támil, o sánscrito, o canarés e o telugú.

    Fonte: The Times of India

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder