Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de agosto de 2010

    Para acadar unha maior extensión do uso do galego, o ámbito socioeconómico é un piar fundamental. Por iso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a potenciar a incorporación da lingua propia de Galicia a este sector a través de diversas iniciativas, entre elas, a colaboración con entidades de referencia neste campo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de agosto de 2010

    A nova lei do Código de consumo de Cataluña, que entrou en vigor o 23 de agosto, insta a garantir o acceso de persoas cegas á información sobre bens e servizos, e obriga a incluír o braille na etiquetaxe de produtos que afectan a saúde e a seguridade dos consumidores.

    Fonte: Eurocarne Digital

    25 de agosto de 2010

    Oito novos colexios impartirán, con carácter experimental, unha segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de educación primaria, mentres que outros cinco institutos de ensino secundario (IES) comezarán a impartir unha terceira lingua estranxeira o próximo curso, catro deles portugués e un alemán.

    Fonte: ABC

    24 de agosto de 2010

    O Boletín Oficial do Principado de Asturias publicou a resolución da Consellería de Cultura e Turismo do Goberno de Asturias pola que se conceden e denegan subvencións para o fomento da tradución e/ou edición noutras linguas de obras escritas orixinalmente en asturiano ou galego-asturiano.

    Fonte: Asturnews

    24 de agosto de 2010

    O Ministerio de Educación de Israel está tomando medidas para promover que os nenos xudeus aprendan o árabe, nun intento de mellorar as comunicacións cos árabes israelís, segundo informou o Goberno.

    Fonte: The Earth Times

    24 de agosto de 2010

    A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de poñer en marcha os cursos de galego para galegos residentes no exterior e persoas interesadas en aprender esta lingua.

    24 de agosto de 2010

    Uns 4.300 funcionarios madrileños participarán nos dezaoito cursos de lingua estranxeira organizados a través do programa de idiomas do Instituto Madrileño de Administración Pública (IMAP), informou a Comunidade.

    Fonte: ABC

    24 de agosto de 2010

    O presidente de Mediapro, Jaume Roures, instou a que a Lei do cine aprobada en xullo polo Parlamento catalán incorpore medidas para incentivar o consumo de cine en catalán, entre as que propuxo a creación dunha rede pública de salas de cine e a posibilidade de que as entradas sexan máis baratas.

    Fonte: El Mundo

    24 de agosto de 2010

    A deputada de Esquerda Unida nas Cortes, Marina Albiol, anunciou que a seva formación solicitará a comparecencia na cámara do conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora, para debater sobre a situación do valenciano.

    Fonte: El Punt

    23 de agosto de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística outorgou á provincia de Pontevedra máis de 300.000 euros, dos 800.000 destinados a toda Galicia, para o financiamento de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino que imparten ensinanza regulada de niveis non universitarios, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder