Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de marzo de 2011

    O programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, completa esta semana 500 actividades realizadas por toda Galicia desde que comezou a súa nova andaina.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2011

    A ensinanza e aprendizaxe das habilidades lingüísticas e o uso oral son as protagonistas do VI Seminario de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o intercambio e a posta en común de experiencias normalizadoras no ámbito do ensino primario e secundario.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2011

    Aínda que o francés é unha lingua oficial do Gran Ducado do Luxemburgo (e, normalmente, a lingua usada na comunicación da Administración), unha parte importante da mocidade parece ter dificultades con esta lingua. Esta é unha das conclusións dun cuestionario no que participaron máis de 3.000 alumnos de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, en 17 escolas de todo o país.

    Fonte: 352LUXMAG

    02 de marzo de 2011

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) incluíu no seu Atlas das linguas do mundo en perigo dúas variantes do totonaco faladas no estado mexicano de Puebla, o totonaco do norte e o totonaco de Ozomatlán, xa que son linguas que se encontran en "perigo crítico" de desaparición.

    Fonte: E-consulta

    02 de marzo de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar os cursos en liña para preparar as probas de Certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de marzo de 2011

    “A partir do próximo mes de maio, La Vanguardia será tamén un gran diario europeo en catalán, sen por iso deixar de selo en castelán”. É a promesa de Javier Godó no anuncio da primeira edición en catalán do xornal centenario.

    Fonte: Estrella Digital

    02 de marzo de 2011

    O Salón Internacional do Estudante e a Oferta Educativa, Aula, crea nesta nova edición “A Rúa dos Idiomas”, un espazo singular onde o público atopará a oferta de linguas estranxeiras, segundo informou a organización.

    Fonte: Europa Press

    02 de marzo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na presentación do Dicionario de Bioloxía, unha obra de termos básicos en galego que abrangue toda a bioloxía e que inclúe conceptos relacionados coa antropoloxía, a bioquímica e a bioloxía molecular, a zooloxía, a botánica, a fisioloxía, a xenética, a microbioloxía, a ecoloxía, a bioloxía celular e o medio natural.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de marzo de 2011

    Nos últimos seis ou sete anos, Londres converteuse na Torre de Babel do mundo moderno. Máis dun terzo dos londinienses naceron no estranxeiro, é dicir, 2,5 millóns de persoas. A cidade dá acubillo a máis de 270 nacionalidades e 300 linguas.

    Fonte: London Evening Standard

    01 de marzo de 2011

    O bilingüismo é unha vantaxe para os hispanos, xa que lles permite acceder a mellores traballos nos Estados Unidos, afirmou o representante portorriqueño ante o Congreso estadounidense, Pedro Pierluisi.

    Fonte: Vívelo Hoy

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder