Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de marzo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentaron Contemporary Galician Poets, un monográfico de poesía galega contemporánea dunha das revistas máis prestixiosas do Reino Unido, Poetry Review.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de marzo de 2011

    A Generalitat de Catalunya impuxo no ano 2010 un total de 205 multas a establecementos por infraccións da Lei de política lingüística, que obriga a rotular polo menos en catalán. Con estas sancións, o Goberno catalán recadou 182.000 euros.

    Fonte: Intereconomía

    14 de marzo de 2011

    Máis de 1.000 alumnos e alumnas de 57 centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Castela-A Mancha participan este curso no programa de ensino de lingua, cultura e civilización romanesas que promove o Goberno rexional, a través da Consellería de Educación, Ciencia e Cultura.

    Fonte: La Cerca

    13 de marzo de 2011

    Un novo estudo elaborado por expertos lingüistas da Biblioteca Británica revela que o inglés británico goza de boa saúde e que moitos falantes británicos rexeitan as pronuncias americanas das palabras da fala diaria.

    Fonte: Mail Online

    12 de marzo de 2011

    A etnia mundurucu conta con 11.630 individuos distribuídos en territorios dos estados brasileiros do Pará, Amazonas e Mato Grosso. Por primeira vez, un curso específico, desenvolvido pola Universidade Federal do Amazonas, terá a función de formar educadores en mundurucu. A intención é garantir a preservación da lingua e cultura dese pobo.

    Fonte: Portal Universidade

    12 de marzo de 2011

    O recoñecemento oficial do mirandés como segunda lingua de Portugal ditou a necesidade de elaborar os primeiros manuais de estudo e normalización deste idioma, o que deu como resultado a publicación da “Convención Ortográfica da Lingua Mirandesa”.

    Fonte: Correio do Minho

    11 de marzo de 2011

    A directora da Escola Portuguesa de Macau reafirmou o obxectivo da institución de formar estudantes trilingües en portugués, inglés e chinés para que estes poidan ingresar ao final dos seus estudos en "calquera universidade do mundo".

    Fonte: Mundo Português

    11 de marzo de 2011

    A Plataforma pola Lingua presentouse como defensa no recurso interposto por Convivencia Cívica Catalá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXCE) en contra do decreto de universidades, segundo o que os profesores deben coñecer as dúas linguas oficiais da comunidade.

    Fonte: ABC

    10 de marzo de 2011

    Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística celebraranse os vindeiros días 28 e 29 de abril de 2011 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición os Encontros van prestar unha especial atención ao tema da lingua como elemento de cohesión social e á análise da acción política no ámbito municipal, sen esquecer a liña habitual de seguimento de iniciativas e de revisión de accións xa realizadas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de marzo de 2011

    Nos últimos sete anos, o coñecemento da lingua catalá sufriu un descenso de dez puntos debido á chegada de cidadáns procedentes doutras comunidades autónomas e doutros países.

    Fonte: Diario de Mallorca

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder