Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2011

    O Concello de Gandía asinou un convenio plurianual coa Fundación Escola Valenciana por valor de 40 000 euros, para catro anos, ata 2014, que garante o financiamento de actividades para o uso da lingua no ámbito educativo e social.

    Fonte: Las provincias

    16 de marzo de 2011

    O Korrika é unha carreira a favor do éuscaro que percorre o País Vaso. A edición deste 2011, que se realizará do 7 ao 17 de abril, preséntase en Barcelona en forma de mostra cultural que inclúe coloquios, documentais, música e gastronomía. O tema desta edición do Korrika-Barcelona é “O éuscaro e as linguas minoritarias”.

    Fonte: El Periódico

    16 de marzo de 2011

    Bocaberta leva estes días múltiples actividades de dinamización lingüística polas catro provincias galegas cando se cumpren cinco meses da súa programación de 2010-2011.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de marzo de 2011

    Harry Oohsawee espera que as últimas tecnoloxías ofrezan un modo de evitar a desaparición da lingua cheroqui. Con este fin, ofreceu o seu apoio a unha empresa especializada no deseño de aplicacións destinadas á revitalización de linguas nativas norteamericanas.

    Fonte: Muskogee Phoenix

    15 de marzo de 2011

    Co obxectivo de que non se dean máis casos de discriminación de tipo lingüístico no eido das empresas de telefonía, a Mesa convida os usuarios dos seus servizos en liña a facela partícipe de todo canto caso de desleixo co galego se poida rexistrar.

    Fonte: Código Cero

    15 de marzo de 2011

    O Teatro Bartrina de Reus será a sede, os días 24 e 25 de marzo, do Convit, o segundo congreso de servizos lingüísticos dos territorios de fala catalá, no que un total de 250 profesionais debaterán sobre lingua e empresa e lingua e inmigración.

    Fonte: ABC

    15 de marzo de 2011

    A Rede de Dinamización Lingüística conta nestes momentos cun total de 45 concellos adheridos, segundo informou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de marzo de 2011

    A Fundación da Lingua de Kadazandusun (KLF) organizará o primeiro seminario da lingua murut que inaugurará un proxecto piloto de tres anos co obxectivo de introducir o ensino desta lingua nas escolas primarias do municipio de Tenom en Malaisia.

    Fonte: Daily Express

    14 de marzo de 2011

    Un crecente número de lingüistas alemáns teme que a súa lingua estea en perigo de morte ante a riada de anglicismos que están a inundar o vocabulario xermano. A Asociación da Lingua Alemá (VDS) presaxia que o alemán podería converterse nunha lingua "periférica" se non se toman as medidas axeitadas para protexelo contra os préstamos estranxeiros.

    Fonte: Guardian

    14 de marzo de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as axudas de 2011 destinadas a fomentar o uso do galego desde o ámbito local. A nova orde de subvencións para as entidades locais publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2011.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder