Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de novembro de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, mantivo unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, continuando así coas reunións previstas ao redor do Pacto pola Lingua.

    25 de novembro de 2024

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colaborará coa Federación Galega de Automobilismo para promover o uso do galego no ámbito deportivo mediante a divulgación da campaña «Saca a lingua que levas dentro», posta en marcha pola Xunta desde o pasado mes de outubro.

    25 de novembro de 2024

    O alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que participe no Proxecto Nós obterá un crédito de libre configuración pola súa colaboración. Así o anunciaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o reitor da institución académica, Antonio López, nunha rolda de prensa para presentar esta iniciativa.

    22 de novembro de 2024

    Un informe elaborado pola empresa de educación internacional Education First revelou que o Xapón baixou ao posto 92 no Índice de Nivel de Inglés, peor que na anterior edición.

    Fonte: Japan Today

    22 de novembro de 2024

    O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, terminou a súa primeira viaxe oficial ao Brasil cunha visita ao Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, onde fixo a promesa de valorizar a lingua portuguesa.

    Fonte: Observador

    22 de novembro de 2024

    Os Premios Carme Miquel, organizados pola AVL, recoñeceron proxectos escolares en valenciano que destacan pola súa creatividade e impacto na educación, como revistas, rutas literarias e iniciativas integradoras. Entre os gañadores están propostas como "Una comarca de llegenda" e "Ràdio Las Lomas", que fomentan a lingua e a cultura valenciana desde etapas infantís ata secundaria.

    22 de novembro de 2024

    As bolsas Propulsió, impulsadas pola Generalitat de Catalunya, ofrecen apoio económico a proxectos audiovisuais en catalán e occitano dirixidos a redes sociais, co propósito de fomentar a profesionalización e a visibilización de contidos en formato dixital nestas linguas. Os proxectos seleccionados, destinados a plataformas como YouTube ou TikTok, buscan consolidar un sector audiovisual en catalán e occitano e facilitar a creación estable e innovadora.

    22 de novembro de 2024

    O concurso “Un idioma de cine”, organizado polo Concello de Caldas, anima a mozos e mozas galegos de ata 30 anos a crear curtametraxes en galego cunha temática vinculada co outono. Os traballos deben ser orixinais, durar entre 5 e 10 minutos, e poderán optar a premios de ata 700 €, incluíndo un galardón do público.

    22 de novembro de 2024

    Con motivo da presentación da nova edición do dicionario da Academia Francesa, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, declarou que as linguas rexionais constituíron un factor de división para a nación francesa. Estas palabras suscitaron preocupación entre as asociacións que defenden as linguas minorizadas no país.

    Fonte: Mediabask

    22 de novembro de 2024

    Noruega desculpouse oficialmente cos pobos indíxenas e outros grupos minoritarios polas súas políticas históricas de asimilación forzada, que durante máis dun século buscaron eliminar as culturas e linguas nativas. O parlamento noruegués detallou ademais as accións que está levando a cabo para garantir a protección das linguas minoritarias.

    Fonte: Democracy Now

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder