A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 da Coruña veñen de convocar a V Residencia Xacobeo para persoas tradutoras de literatura galega, co obxectivo de estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no exterior.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Arabia Saudita vai ampliar o número de centros escolares que imparten chinés grazas á creación de 800 novos postos docentes.
Fonte: Middle East Monitor
A Universidade de Katowice, en Polonia, creará o primeiro posgrao universitario en didáctica da lingua silesiana. A iniciativa académica contará co apoio do Ministerio de Educación.
Fonte: Notes from Poland
A Obra Cultural Balear presentoulle ao Goberno das illas un plan con 50 medidas para reforzar a presenza do catalán en zonas turísticas onde case non se utiliza, como Calvià, Palma e Eivisa. O informe subliña a necesidade de fomentar o seu uso en establecementos de hostalería e reclama destinar un 5 % do Imposto do Turismo Sostible a proxectos de promoción desta lingua, co obxectivo de preservar a identidade cultural do arquipélago.
Os premios Lazarraga 2024 recoñeceron a cinco entidades arabesas polo seu compromiso co uso do éuscaro no ámbito socioeconómico: Grafik Sarea, Sartu Álava, Elkar San Prudencio, Hyundai Eska e Jimmy Jazz. Durante o acto de entrega dos galardóns, representantes da Asociación Bai Euskarari e da Deputación Foral destacaron a necesidade de promover o éuscaro no mundo laboral, sinalando que a súa presenza resulta estratéxica para preservar o investimento en educación e fomentar a inclusión da mocidade.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa a elaboración dun estudo sobre o uso do galego no tecido empresarial da Comarca do Deza, da man da Asociación de Empresarios do Deza .
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a adxudicación de 10 bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, unhas axudas formativas nas que o Goberno autonómico inviste 266 414 € e coas que busca cada ano fomentar a formación e a capacitación das persoas con titulación universitaria, promovendo ao mesmo tempo o ensino, a cultura e a investigación en lingua galega.
A Xunta de Galicia recibiu este ano máis de 3500 solicitudes para certificar o nivel de coñecemento en lingua galega. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou as persoas que se examinaron no instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela.
Cuba acolleu a primeira Conferencia Internacional do Suahili dedicada á profundización e estudo desta lingua, a máis común nos países da Unión Africana.
Fonte: Prensa Latina
Co fin de promover a inclusión e os dereitos das persoas xordas, o 15 de novembro, Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa, unha das tres linguas oficiais do país.
Fonte: Jornal de Mafra
Boletín
Subscríbase ao boletín




