Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2024

    A presidenta do Consello da Cultura Galega anunciou a organización dun foro participativo para 2025, no que se debaterán cuestións sociais e iniciativas da sociedade civil en relación coa lingua. Este foro busca artellar solucións conxuntas para reforzar o uso do galego en diferentes ámbitos. A presidenta subliñou a relevancia de manter o tema lingüístico fóra do debate partidario, como un proxecto común.

    12 de novembro de 2024

    A Irmandade Xurídica Galega impulsará unha campaña para promover o galego como lingua de traballo nas forzas de seguridade, co apoio da Xunta e da Delegación do Goberno. Esta iniciativa, que inclúe propostas como relatos policiais en galego, busca mellorar a comunicación e fortalecer a confianza coa cidadanía.

    11 de novembro de 2024

    O alumnado da escola de lingua irlandesa Coláiste Feirste presenta unha exposición sobre o proceso de recuperación do gaélico en Belfast, centrada especialmente no desenvolvemento da comunidade de fala gaélica no oeste da cidade.

    Fonte: BBC

    11 de novembro de 2024

    Un grupo de 60 persoas de orixe hispanoamericana que viven ou traballan en Vila Nova de Cerveira recibiron os diplomas que certifican a súa capacitación en lingua portuguesa no ámbito dun proxecto de formación e integración social.

    11 de novembro de 2024

    O conselleiro de Política Lingüística participou na entrega dos premios Crea OCCAT no Palau de Pedralbes, onde destacou a importancia do uso do catalán e o occitano no ámbito dixital e o papel da mocidade.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de novembro de 2024

    O Parlamento de Cataluña aprobou instar o Goberno a incrementar a dotación de intérpretes de lingua de signos catalá (LSC) para estudantes e crear un programa orzamentario para aplicar a lei da LSC. Ademais, acordouse reforzar as axudas ás entidades de apoio á comunidade xorda e establecer unha bolsa de mediadores comunicativos.

    11 de novembro de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, no marco das xuntanzas que está a manter para avanzar no Pacto pola Lingua.

    11 de novembro de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou o “enorme talento e creatividade en galego” dos escolares da Comunidade. Así o valorou na entrega dos Premios a curtametraxes de animación en galego Nós tamén creamos! 2023-2024, no Centro Galego de Arte Contemporánea. 

    11 de novembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega dos galardóns da terceira edición do certame de contos de terror Territorio Vákner, onde gabou a promoción do galego neste xénero literario e a iniciativa que procura o impulso á escritura en todos os niveis e para todos os públicos.

    08 de novembro de 2024

    Unha nena prodixio mexicana de dez anos participará na edición deste ano do "Chinese Bridge", unha competición internacional destinada a estudantes estranxeiros que aprenden chinés.

    Fonte: CGTN

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder