O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou no Pazo de San Roque na presentación de Economía e poesía: Rimas internas, o primeiro ensaio escrito por Yolanda Castaño e co que acadou, o pasado decembro, o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O 23 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, conmemorado polas Nacións Unidas para promover a identidade lingüística e diversidade cultural das persoas xordas. A edición deste ano ten por lema "Defende os dereitos das linguas de signos".
Fonte: United Nations
O dicionario Oxford da lingua inglesa incorporou dez entradas en galés pola influencia que esta lingua ten no inglés falado no País de Gales.
Fonte: BBC
Cinco entidades culturais de Aragón solicítanlle ao Goberno aragonés que declare o aragonés e o catalán como Ben de Interese Cultural Inmaterial, debido á súa importancia histórica e cultural no territorio dende a fundación do reino. As entidades piden tamén medidas para preservar ambas as linguas, cuxa supervivencia está ameazada pola falta de apoio institucional, segundo a Unesco e o Consello de Europa.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou nos actos de celebración do 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco, organizados en Allariz pola fundación dedicada ao intelectual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As dúas actividades, destinadas ao PDI desta universidade, desenvolveranse en liña , entre o 14 de outubro e o 15 de decembro de 2024: Curso de actualización de competencias lingüísticas e Curso superior de competencias lingüísticas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de L'Eliana lanza a terceira edición dun certame que promove o uso do valenciano na vida diaria, dirixido a comercios, empresas e servizos locais. A convocatoria, apoiada pola Deputación de Valencia, premiará o uso desta lingua en elementos impresos e nas novas tecnoloxías e outorgaranse tres galardóns económicos.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na apertura das xornadas «O futuro das localizacións nas novas tecnoloxías do audiovisual» promovidas pola Asociación de Produtoras independentes de Lugo, April, onde puxo en valor a promoción do uso da lingua galega no sector.
O Ministerio de Gobernación de Guatemala traducirá ao idioma quiché as noticias máis relevantes do seu portal. Con esta iniciativa, Guatemala quere promover a diversidade cultural e lingüística e dar un primeiro paso para preservar as linguas maias nativas.
O Goberno de Suráfrica aprobou unha polémica lei educativa que segundo os partidos da oposición podería ameazar o ensino da lingua afrikaans.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín
