Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de setembro de 2024

    Francia e Armenia asinan un acordo para promover o ensino da lingua francesa nas escolas públicas. O país galo vai investir 600 mil euros neste proxecto.

    Fonte: OC Media

    18 de setembro de 2024

    A portavoz do Goberno comprometeuse a poñer en marcha melloras para facilitar o acceso das persoas migrantes aos cursos de catalán, despois dunha denuncia polas dificultades no proceso de inscrición, como o colapso da plataforma e as longas esperas.

    Fonte: Infobae

    18 de setembro de 2024

    O Concello de Barakaldo lanza unha nova convocatoria de axudas á rotulación en éuscaro para comercios, hostalaría e servizos á que destinará unha partida de 5000 euros destinada a financiar ata un 50 % ou 25 % dos gastos de instalación dos rótulos nesta lingua.

    Fonte: Radio Nervión

    18 de setembro de 2024

    Os dominios .gal, .cat e .barcelona lanzan unha promoción conxunta para celebrar o Día Europeo das Linguas, ofrecendo rexistros a un prezo reducido ata o 11 de outubro. Esta iniciativa ten como obxectivo poñer en valor a diversidade lingüística e cultural de Europa, e evidenciar así que representan case doce millóns de falantes.

    18 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ao acto As tres Negreira de Galicia, que acolleu a Casa do Concello de Negreira.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ás actividades do Festival Internacional de Cinema de Bueu na última xornada desta 17ª edición, que se desenvolve co apoio da Xunta de Galicia como cita estratéxica para o audiovisual galego.

    17 de setembro de 2024

    Hai 26 anos, o Goberno de Portugal oficializou o mirandés como segunda lingua oficial. Con motivo desta celebración, o Instituto Politécnico de Bragança manifestou o seu interese por estudar esta lingua e promover o seu ensino e asinará un protocolo coa Associação de Cultura e Língua Mirandesa.

    Fonte: Rádio Bragança

    17 de setembro de 2024

    O secretario de Estado do Ensino para as Minorías de Romanía, Zoltán Kallós, anunciou o reforzo do ensino do húngaro entre a minoría étnica que reside na rexión romanesa de Transilvania.

    Fonte: Hungary Today

    17 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu en Merza á EFerro Foliada, organizada pola Asociación Cultural Zoqueira de Merza coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de setembro de 2024

    A escola de música A Casa do Rock poralle o ramo ao Festival Go!Go!Zo! cunha macroactuación no Monte do Gozo apoiada pola Xunta de Galicia na que participarán máis de 500 amantes do rock de Galicia. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a iniciativa acompañado por Julio Asorey, organizador do festival, e por Adrián Hernández, un dos fundadores da Casa do Rock.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder