Euskal Idazleen Elkartea, en colaboración co Concello de Pamplona, organiza o taller Hitzen Mintegia 2024, centrado na escritura en éuscaro para recitais públicos. Celebrarase en tres sesións os días 28 de setembro, 5 e 19 de outubro, en Condestable, con 15 prazas dispoñibles. O obxectivo é proporcionar ferramentas para a creación literaria e a lectura en público. Na última sesión, haberá un recital aberto onde se presentarán os textos traballados.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os vídeos premiados na segunda edición do certame Vémolo Nós, organizado pola USC, abordan con orixinalidade temas sobre o rural galego, a vida universitaria e a lingua galega. O concurso, que busca fomentar o uso do galego no audiovisual científico, repartiu premios entre pezas que exploran cuestións como a biotecnoloxía, a relación coas vacas, a presenza dunha gata emblemática na universidade e o proceso de aprendizaxe do galego por parte dun estadounidense.
O TriviGal é unha partida de Trivial en galego, que se desenvolverá o 17 de setembro na Facultade de Veterinaria. organizada no marco do programa #BenVida USC.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Oficina da Propiedade Intelectual do Reino Unido completou a primeira fase do seu programa de acceso dixital para falantes de lingua galesa co lanzamento do seu sitio web nesta lingua.
Fonte: Gov.uk
Juan José Lamelas Caneiro faise co premio do IX Concurso Balbino de Relatos, promovido por Edicións Fervenza co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e da Fundación Xosé Neira Vilas, entroutras institucións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves, un estudo do ornitólogo, investigador e mestre Xosé Manuel Penas Patiño que conta co apoio da Xunta para abordar en profundidade os nomes galegos das diferentes especies ornitolóxicas.
O catalán xa figura entre as opcións de Microsoft Copilot, o chatbot de intelixencia artificial de Microsoft, que incorporou tamén o galés.
Fonte: El Nacional
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da quinta edición do «Maré. Festival de Músicas e Artes Atlánticas» onde salientou o carácter multicultural que converterá a cidade de Santiago de Compostela nun punto de encontro cultural e lingüístico.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron no Museo do Pobo Galego, en Santiago, a mostra «Luísa Villalta. A música das palabras», coa que a Xunta segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.
O curso «As redes sociais, unha ferramenta valiosa para a normalización lingüística» desenvolverase os días 17, 24 e 31 de outubro en Compostela cos obxectivos coñecer os principais recursos dixitais; entender as tendencias e aprender as súas dinámicas internas; descubrir como crear unha estratexia; ver casos prácticos de éxito; e coñecer a linguaxe dixital que conforma unha estratexia de márketing dixital.
Boletín
Subscríbase ao boletín


