A Real Academia Galega estreou hoxe o primeiro episodio da nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde cun vídeo sobre a toponimia de Antas de Ulla.
Fonte: RAG
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Real Academia Galega estreou hoxe o primeiro episodio da nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde cun vídeo sobre a toponimia de Antas de Ulla.
Fonte: RAG
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Monte do Gozo na presentación do Torneo 3x3, unha iniciativa que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer a través de diferentes propostas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro de Terminoloxía de Cataluña (TERMCAT) e a Fundación Barcelona Capital Náutica presentaron un dicionario en liña que recolle a terminoloxía máis destacada sobre a Copa América de vela.
Fonte: Gencat
As prazas para os cursos de catalán que ofrece o Goberno de Andorra esgotáronse ás poucas horas de comezar o prazo de inscrición. A aprobación da Lei de Lingua Propia de Andorra dispara a demanda por aprender catalán.
Fonte: Diari de la Llengua
O Concello guipuscoano de Elgoibar ofertará cursos para nais e pais que queiran iniciarse na aprendizaxe da lingua vernácula.
Fonte: El Diario Vasco
Unha nova investigación da Universidade de Bangor revela que o 70 % das persoas menores de 30 anos mostran interese polos proxectos empresariais que empreguen a lingua galesa.
Fonte: North Wales Chronicle
Unha lei do Estado de Alasca modificou o número de linguas oficiais e recoñeceu catro novos idiomas nativos: cup’ig, tanana medio, tanana inferior e wetał.
Fonte: Alaska Public Media
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, espazo cultural que ofrece exposicións interactivas, audiovisuais e educativas arredor da lingua portuguesa, seguirá tendo acceso gratuíto todas as fins de semana até finais de ano.
Fonte: CNN Brasil
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou a obrigatoriedade de falar éuscaro como requisito para acceder á bolsa de traballo de policías municipais creada en 2021, ao consideralo discriminatorio. A sentenza confirma unha resolución previa que indicaba que non é necesario que todos os axentes coñezan o idioma para garantir os dereitos lingüísticos dos falantes de éuscaro, senón que abonda con que un dos axentes o domine.
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña ofrece axudas económicas e de asesoramento para a redacción e defensa en galego de teses, e traballos de fin de mestrado e de grao. Están dispoñibles para o alumnado das titulacións oficiais da UDC, agás para os estudos relacionados directamente coa lingua galega e portuguesa. O prazo para solicitar as axudas económicas remata o 31 de outubro de 2024.
Subscríbase ao boletín