Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2024

    O Goberno do Reino Unido quere crear un novo procedemento de probas de lingua inglesa como parte dun proceso de mellora do sistema que existe para a obtención dos visados. 

    Fonte: ST Network

    04 de setembro de 2024

    A Comisión da Amazonia e dos Pobos Orixinarios da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que permitirá crear o programa de preservación, recuperación e transmisión das linguas indíxenas brasileiras.

    Fonte: Diário Digital

    04 de setembro de 2024

    Un informe da Consellería de Política Lingüística de Cataluña analiza a situación do catalán. Nel recoñecese a súa importancia demográfica en Europa, con máis de 10 millóns de falantes, pero advírtese do retroceso no seu uso en ámbitos clave como a educación e a sanidade. Propón cinco obxectivos estratéxicos para reverter esta tendencia, como facilitar o uso social da lingua e asegurar a súa normalización nas institucións.

    04 de setembro de 2024

    Dous avogados de Lugo, Cristina Fernández Lago e Miguel Vieito, presentaron unha reclamación contra o Instituto Nacional da Seguridade Social tras negarlles atención en galego en consultas telefónicas. A súa reclamación, acollida á Lei de igualdade de tratamento, solicita sancións contra esta discriminación lingüística.

    04 de setembro de 2024

    O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, lanzou a campaña anual «Euskera ahora» para promover o aprendizaxe do euskera entre adultos, que conta coa colaboración de 35 entidades locais e diversos euskaltegis. A campaña, dirixida especialmente á mocidade, destaca as novas oportunidades e vivencias que ofrece o coñecemento desta lingua. A campaña desenvolverase durante setembro con diversas accións promocionais, incluíndo anuncios en redes sociais e medios locais.

    04 de setembro de 2024

    Tamara Andrés e Oriana Méndez foron galardoadas co premio Plácido Castro de Tradución 2023 pola súa versión galega de As Iluminacións de Arthur Rimbaud, recoñecida pola súa complexidade e creatividade. Este galardón, que por primeira vez distingue unha tradución poética ao galego, conta cunha dotación de 3000 euros e entregarase no Día Internacional da Tradución.

    03 de setembro de 2024

    Segundo un estudo do Atlas de Linguas Indíxenas en Perigo de Desaparición, o 38,4 % das linguas orixinarias de América Latina e o Caribe están nunha situación crítica. Esta porcentaxe aumentou 18 puntos nos últimos anos.

    Fonte: Diari de la Llengua

    03 de setembro de 2024

    O autor mozambicano Mia Couto gañou a última edición do premio FIL de Literatura en Linguas Románicas de México. O galardón ten a contía de 150 mil euros.

    Fonte: VOA

    03 de setembro de 2024

    O Goberno vasco reforza a gratuidade no ensino do éuscaro destinando case catro millóns de euros á aprendizaxe desta lingua. Estas subvencións buscan incrementar o seu uso social e facilitar o acceso a ela a persoas inmigrantes e doutras comunidades autónomas.

    03 de setembro de 2024

    O Concello do Rosal, en colaboración coa Xunta de Galicia, lanza o I Concurso de Relato Curto, co obxectivo de promover o uso da lingua galega e a creatividade literaria entre a veciñanza, especialmente na mocidade. O certame, aberto a persoas non profesionais, dividirase en tres categorías segundo a idade e premiará os mellores relatos cun eBook Kindle e un lote de libros. As obras poderanse presentar ata o 1 de novembro de forma presencial ou ata o 2 de novembro a través da web municipal.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder