Un estudo de Plataforma per la Llengua revela que só un 11,45 % das materias dos mestrados nas universidades dos Países Cataláns se imparte en catalán, fronte ao 57,24 % en castelán e o 31,31 % en inglés. No caso dos graos, un 45 % dos grupos utiliza o catalán. A internacionalización favorece maiormente o castelán, especialmente en universidades como a UPF e a UV, onde o catalán ten unha presenza anecdótica.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística de Carballo busca revitalizar o proxecto "Carballo na memoria", iniciado en 2014 como un catálogo fotográfico. O obxectivo é amplialo para que se converta nun proxecto máis ambicioso de recuperación audiovisual, literaria, etnográfica e social. Así, en setembro, comezarán as Xornadas de microtoponimia, centradas na recuperación dos topónimos urbanos para coñecer mellor a historia local.
Corea do Norte e o Xapón están pondo medios e esforzos por salvar da extinción as súas linguas nativas con menos falantes, como o ainu no Xapón ou o jeju na illa do mesmo nome en Corea do Sur.
Fonte: CNA
Estonia deixará atrás o modelo de dobre vía lingüística e a partir deste curso académico, todo o alumnado do país báltico ten que estar escolarizado en lingua estoniana. A ministra de Educación quere reducir así o baixo nivel académico do alumnado rusófono xa que non era suficientemente competente na lingua oficial.
Fonte: Diari de la Llengua
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou en Santiago a convocatoria do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, organizado pola Fundación Neira Vilas e a Editorial Galaxia co apoio da Xunta de Galicia. Trátase dun certame cuxo obxectivo é renderlle homenaxe ao precursor do xénero de literatura infantil e xuvenil en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, animou o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Galicia e dos seus devanceiros na Arxentina. Fíxoo aproveitando a viaxe de estudos que están a realizar, xunto co membro fundador deste centro, José Manuel Castelao Bragaña, á Comunidade para coñecer lugares de especial interese patrimonial e natural, así como as principais institucións culturais galegas.
O Concello de Vitoria-Gasteiz abriu o prazo para inscribirse nos cursos de éuscaro para o curso 2024-2025, nos que ofrece 900 prazas para diversos colectivos como pais e nais, maiores de 55 anos, persoas estranxeiras e traballadores de comercio e hostalería.
O acordo entre a Generalitat e o Goberno español permitirá publicar no Boletín Oficial do Estado as principais leis en catalán. Así, as leis orgánicas, os reais decretos ou as disposicións xerais poderán ser traducidas e incluídas nun suplemento electrónico. As traducións estarán a cargo do EADOP e contribuirán a unha maior difusión da normativa estatal en catalán.
O Xulgado Central do Contencioso-Administrativo de Madrid admitiu unha demanda da Mesa pola Normalización Lingüística contra a UNED, tras a negativa dun profesor a corrixir o exame de Bieito Lobeira, feito en galego. A demanda busca que se recoñeza o dereito do estudante a ser avaliado na lingua cooficial do territorio onde se examina.
A primeira entrega de Heartstopper, de Alice Oseman, chega traducida ao galego por Nee Barros na editorial Xerais e está dispoñible nas librarías dende o 5 de setembro. Esta tradución busca dar visibilidade ao colectivo LGBTIQA+ en galego e ofrecer referentes nesta lingua en historias accesibles e para todas as idades.
Boletín
Subscríbase ao boletín



