Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de setembro de 2024

    A Consellaría de Educación da Comunidade Valenciana prevé consultar coas familias a lingua preferente nas aulas antes de que remate o ano.

    Fonte: La Vanguardia

    10 de setembro de 2024

    O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou a importancia de fomentar a lírica feita en lingua galega na celebración do recital Poeta Ramiro Fonte celebrado nos xardíns da Casa da Cultura de Pontedeume.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de setembro de 2024

    O novo proxecto educativo da Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Euskadi, Dantzerti, reforzará o éuscaro ao longo deste novo curso académico.

    Fonte: Europa Press

    10 de setembro de 2024

    A lingua asturiana entra por primeira vez na programación do Instituto Cervantes de Nova York por medio dun curso de introdución á lingua e cultura asturianas. A formación, que durará até decembro, será impartida pola profesora Paquita Suárez Coalla.

    Fonte: El Comercio

    09 de setembro de 2024

    A Real Academia Galega estreou hoxe o primeiro episodio da nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde cun vídeo sobre a toponimia de Antas de Ulla.

    Fonte: RAG

    09 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Monte do Gozo na presentación do Torneo 3x3, unha iniciativa que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer a través de diferentes propostas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de setembro de 2024

    O Centro de Terminoloxía de Cataluña (TERMCAT) e a Fundación Barcelona Capital Náutica presentaron un dicionario en liña que recolle a terminoloxía máis destacada sobre a Copa América de vela.

    Fonte: Gencat

    09 de setembro de 2024

    As prazas para os cursos de catalán que ofrece o Goberno de Andorra esgotáronse ás poucas horas de comezar o prazo de inscrición. A aprobación da Lei de Lingua Propia de Andorra dispara a demanda por aprender catalán.

    Fonte: Diari de la Llengua

    09 de setembro de 2024

    O Concello guipuscoano de Elgoibar ofertará cursos para nais e pais que queiran iniciarse na aprendizaxe da lingua vernácula. 

    Fonte: El Diario Vasco

    09 de setembro de 2024

    Unha nova investigación da Universidade de Bangor revela que o 70 % das persoas menores de 30 anos mostran interese polos proxectos empresariais que empreguen a lingua galesa.

    Fonte: North Wales Chronicle

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder