Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de setembro de 2024

    A campaña «Euskara Nonahi-Euskera en cualquier parte» ten como obxectivo impulsar a matriculación nos euskaltegis locais este curso e defende o uso do éuscaro en calquera espazo e situación.

    12 de setembro de 2024

    A organización pública de contidos de radio e televisión NOS dos Países Baixos lanza un programa de noticias de fácil comprensión para persoas non nativas que teñen dificultades para aprender neerlandés.

    Fonte: The Guardian

    11 de setembro de 2024

    O Cervantes Theatre de Londres, único teatro en español da capital británica, pechará as súas portas por falta de financiamento.

    Fonte: Euronews

    11 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu a visita de Javier Gómez Montero, responsable do Centro de Estudos Galegos e do alumnado de galego da universidade alemá de Kiel, de visita de estudos nestes días en Galicia.

    11 de setembro de 2024

    O Departamento de Investigación e Universidades reabriu o programa Parla 3 para o curso 2024-2025, con axudas de ata 600 euros para estudantes universitarios que queiran aprender unha terceira lingua. A formación deberá seguir os niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECR) e a dotación total será de 800 000 euros.

    11 de setembro de 2024

    O 83 % das familias das Illas Baleares escolleu o catalán como lingua para a escolarización infantil, fronte ao 17 % que optou polo castelán, segundo datos presentados polo conselleiro de Educación. A Asemblea de Docentes destacou o fracaso do plan de segregación lingüística, ao que só se acolleron once centros concertados. Ademais, aínda se descoñece como se organizará a atención aos 1466 alumnos cuxas familias preferiron o castelán.

    11 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á semifinal do VI Premio Nacional de Poesía Viva (Zona 0) que organiza a Sala de Ámbito Cultural de Santiago de Compostela de El Corte Inglés e na que resultou gañador @galegodecaracas (Simón Rodríguez).

    11 de setembro de 2024

    As entidades galardoadas na edición deste ano dos Premios Bacelos de Prata forno a Adega Pazo Lalón, con sede en Leiro, e mais a empresa Kaleikoi, situada en Rodeiro, como recoñecemento á súa aposta polo uso do galego como marca de calidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de setembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participaron no acto de entrega dos premios ás persoas gañadoras da décima terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña impulsado pola Xunta que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de setembro de 2024

    A Universidade do Extremo Sur Catarinense, situada no estado brasileiro de Santa Catarina, oferta o curso Introdución á Lingua e Cultura Guaraní que ten por obxectivo dar a coñecer este idioma nativo que é oficial en países como Paraguai e Bolivia.

    Fonte: Diplomacia Business

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder