A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd Jones, reclamou un maior compromiso das institucións para garantir que as persoas falantes de galés que padezan demencia dispoñan de servizos adaptados na súa lingua.
Fonte: The Pembrokeshire Herald
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd Jones, reclamou un maior compromiso das institucións para garantir que as persoas falantes de galés que padezan demencia dispoñan de servizos adaptados na súa lingua.
Fonte: The Pembrokeshire Herald
O 26 de setembro, Europa celebra o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa promovida polo Consello de Europa, cuxo obxectivo é sensibilizar a cidadanía sobre a relevancia da aprendizaxe de linguas e a urxencia de preservar o valioso patrimonio lingüístico de Europa. Este ano, o lema é "Linguas para a paz", xa que a diversidade lingüística desempeña un papel esencial na construción dunha sociedade de paz, convivencia e democracia.
O Concello da Laracha lanza unha nova edición do programa "A Laracha acolle", destinado a favorecer a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes, con especial atención ás mulleres. O programa inclúe un taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia, centrado na autonomía lingüística e a igualdade de xénero, e o espazo cultural "Exprésa-T", que promove o intercambio cultural e a convivencia coeducativa.
Co obxectivo de fomentar entre o alumnado a aprendizaxe de linguas e adaptada ás súas necesidades, este curso NA UNED Pamplona impartiranse por primeira vez clases presenciais de éuscaro para os niveis A1 e A2.
Fonte: UNED Pamplona
A Universidade de Vigo abriu a inscrición para os cursos de galego do primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025, dirixidos á comunidade universitaria. A oferta inclúe formación en iniciación á lingua, calidade lingüística en traballos académicos, linguaxe administrativa, erros comúns e escritura en internet. As clases, todas en liña, celebraranse entre outubro e novembro de 2024.
O programa Biribilko do Concello de Bilbao, que promove o uso do éuscaro no comercio e na hostalaría, abre o prazo de inscrición para o curso 2024-2025. A principal novidade desta edición é a devolución total da matrícula ao alumnado que cumpra un 75% de asistencia e permaneza ata maio. Ademais, ofrécense dicionarios gratuítos e servizos de tradución comercial. Os cursos, con dous niveis, desenvolveranse de outubro a xuño, cun custo de 90 euros e unha duración de 90 horas.
A iniciativa Arnasa Gara organiza, por terceiro ano, o concurso de videocreación ARNASETIK, dirixido a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos co obxectivo de fomentar a creatividade e reflexionar sobre os hábitos lingüísticos a través de vídeos de dous minutos. Divídese en tres categorías, segundo as idades, e cada unha presenta un reto específico. O concurso entregará premios de ata 2000 euros e estará aberto ata o 31 de outubro.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega do galardón do XVIII Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor e xornalista Alberto Ramos pola súa obra Pirotecnia. Tal e como lembrou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, este certame conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación literaria en galego e promover o uso social da lingua.
O Plan Lingüístico do Equipo de Atención Primaria Sardeña servirá para garantir o dereito dos pacientes a ser atendidos en catalán e fomentar esta lingua na atención por parte dos profesionais sanitarios, así como mellorar o seu coñecemento e uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nun proceso de rusificación sen precedentes, as escolas de Belarús abandonan paulatinamente a lingua bielorrusa en favor do ruso, que se está convertendo tamén no idioma predominante nas institucións públicas e nos medios de comunicación.
Fonte: Euronews
Subscríbase ao boletín