Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2021

    No seu anuario de 2020 sobre o estado da educación en Cataluña, a Fundación Bofill destaca a achega do sistema educativo ao catalán ao longo dos anos, que repercute nun maior coñecemento da lingua por parte da xuventude, incluíndo a de orixe inmigrante.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de maio de 2021

    Varias institucións relacionadas coa promoción da lingua e cultura friulanas entre as que se atopa a Axencia Rexional para a Lingua Friulana (ARLeF) presentaron a 42 edición do Premio Literario en Lingua Friulana San Simon.

    Fonte: Il Friuli

    12 de maio de 2021

    A empresa de tecnoloxía letoa Tilde e a axencia de tradución estoniana Avatar presentaron o tradutor automático EastLat, a primeira ferramenta de tradución asistida por computador entre o letón e o estoniano.

    Fonte: BNN

     

    12 de maio de 2021

    A iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística co obxectivo de reforzar a programación infantil e xuvenil en galego, logrou o apoio dos tres grupos da Cámara para instar a CRTVG a que incremente a oferta televisiva destinada a estas franxas de idade.

    Fonte: GaliciaPress

    12 de maio de 2021

    Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron na inauguración da mostra Tigres coma cabalos no Museo do Mar de Galicia, coa que a Xunta recupera 30 anos despois o carácter transgresor da obra de Xela Arias.

    11 de maio de 2021

    O persoal que traballa en gaélico irlandés na radiotelevisión pública irlandesa RTÉ cobra un 25 % menos que aquel que o fai en inglés. O sindicato nacional de xornalistas de Irlanda denunciou os feitos e esixe que se reverta esta situación de xeito urxente.

    Fonte: Extra.ie

    11 de maio de 2021

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto Nós: Intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, que permitirá aos cidadáns interactuar en galego no mundo dixital ao mesmo nivel que os falantes doutras linguas.

    11 de maio de 2021

    Esta iniciativa conta co apoio do Departamento de Cultura e a participación de Optimot e busca valorizar a riqueza do catalán ao recuperar palabras que non son de uso habitual na actualidade e impulsalas para que se incorporen de novo no día a día desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de maio de 2021

    O programa de ocio infantil levarase a cabo en 15 barrios da cidade ao longo do mes de maio. O proxecto, executado por Urtxintxa Eskola, vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 9 anos e ás súas familias a través de actividades gratuítas, co obxectivo de incrementar o seu uso do éuscaro mentres xogan na rúa ou no parque.

    Fonte: DDonosti

    11 de maio de 2021

    A artista multidisciplinar Rosalía Fernández Rial e a compositora e música Márcia son as gañadoras do certame de poesía do proxecto aRi[t]mar Galiza e Portugal nas categorías de lingua galega e lingua portuguesa respectivamente

    Fonte: Culturagalega.org

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder