O Foro Galicia Crea botou a andar como un novo espazo de traballo e debate na Comunidade ao redor da ciencia, a tecnoloxía e a cultura co apoio da Xunta “por fomentar a creatividade e o pensamento libre e crítico na Comunidade”. Así o puxeron en valor o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na presentación desta iniciativa que se pon en marcha cunhas xornadas ao redor das cantigas-galego portuguesas de finais do século XII.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Congreso iniciou a tramitación dunha lei orgánica de plurilingüismo que pretende reforzar o uso de catalán, éuscaro e galego en toda a Administración do Estado, incluída a Xustiza, e garantir que a cidadanía poida empregar estas linguas con plena validez xurídica. A norma introduce requisitos de competencia lingüística no emprego público, cláusulas nos contratos e medidas específicas en consumo, transporte, medios e servizos.
A plataforma Netflix duplicou a súa oferta de filmes dobrados ao catalán grazas á incorporación de 83 novos audios producidos maioritariamente por 3Cat, que se engaden aos xa existentes ao abeiro do convenio coa Generalitat. A medida incorpora títulos moi populares de distintos xéneros e reforza a presenza do catalán no ámbito audiovisual, nun contexto no que tamén outras plataformas como HBO Max ou Filmin aumentan os seus contidos.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou a mostra “Cantade todas a unha. O cantigueiro popular galego”, coa que a Xunta de Galicia conmemora as Letras Galegas 2025.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a tradicional programación de «Nadal en Rede», a campaña de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia e que celebra a súa décimo cuarta edición achegando propostas de lecer en galego, dirixidas á rapazada e público adulto, por preto de medio cento de concellos durante esta época festiva.
O último informe de EiTB Data revela un avance histórico do éuscaro, con máis do 45 % da poboación de Euskadi capacitada para o empregar e cun crecemento moi destacado en áreas onde antes era minoritario. Porén, o estudo subliña que o grande reto continúa a ser o uso cotián, limitado nas capitais e máis asentado no leste de Biscaia e en boa parte de Guipúscoa. Navarra presenta unha situación moi desigual, con forte presenza no norte e escasa no sur.
Ambas as entidades acordan colaborar para promover e protexer o aragonés, nomeadamente a súa variedade ribagorzá, mediante accións culturais, formativas e editoriais. O convenio prevé asesoramento lingüístico, revisión e tradución de textos, así como a posibilidade de organizar actividades conxuntas en distintos espazos municipais. O acordo terá vixencia de catro anos e contará cunha comisión mixta de seguimento integrada por representantes municipais e da Academia.
O BNG promove unha campaña que procura recuperar a forma galega de nomes e apelidos e reforzar a identidade cultural, ao presentar a galeguización como un compromiso co futuro da lingua. A organización subliña que, tras décadas de impedimentos, hoxe o cambio resulta doado e permitiría devolverlles visibilidade a apelidos practicamente desaparecidos pola castelanización. A iniciativa abrangue asesoramento á cidadanía, implicación da militancia e reivindicación de políticas públicas que garantiren unha xestión áxil destes trámites.
O Consello de Europa considera que, malia os avances rexistrados nalgúns ámbitos, Dinamarca debe reforzar a promoción do alemán como lingua minoritaria en todo o país. Entre as principais recomendacións figuran a súa maior presenza no sistema educativo e un incremento da súa visibilidade nos medios de comunicación.
Fonte: Council of Europe
Un novo grupo de traballo en Escocia, chamado Tog, busca impulsar o uso do gaélico no mundo laboral e crear novas oportunidades económicas nas zonas onde a lingua ten maior presenza e uso. A iniciativa aspira a converter a lingua e a cultura en motores de desenvolvemento, reforzando o tecido social e laboral das comunidades locais.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín



