Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2025

    O delegado do Goberno en Galicia reafirmou o compromiso do Executivo estatal co galego, co propósito de asegurar que o seu uso sexa un dereito plenamente garantido. Nunha reunión coa Real Academia Galega, ambas as partes revisaron o convenio para impulsar a presenza da lingua no ámbito dixital da Xustiza.

    Fonte: Galicia Confidencial

    27 de novembro de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na Gala de entrega de premios do Certame de Cinema Escolar OUFF Escola 2025.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de novembro de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro Correspondencia 1965-2014, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as epístolas que intercambiaron nesa época Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero. Alí enxalzou “a posta en valor dun dos autores galegos máis universais” ao cumprirse 10 anos do seu pasamento.

    27 de novembro de 2025

    O director Cándido Pazó traballa xa co elenco e o resto do equipo de Memorias dun neno labrego na primeira fase dos ensaios da próxima produción do Centro Dramático Galego, coa que a compañía da Xunta de Galicia lembrará a figura de Xosé Neira Vilas no décimo aniversario do seu pasamento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de novembro de 2025

    O secretario de Estado das Comunidades, Emídio Sousa, animou as familias portuguesas no estranxeiro a falaren portugués na casa para non romper o vínculo das novas xeracións coa súa lingua. Anunciou tamén que o Goberno portugués está revisando o marco legal do ensino do portugués no exterior para mellorar as condicións e facelo máis atractivo.

    Fonte: RTP

    26 de novembro de 2025

    A empresa ferroviaria francesa SNCF e o Institut Ramon Llull lanzaron unha campaña piloto que ofrece clases gratuítas de catalán aos pasaxeiros do tren de alta velocidade entre París e Barcelona. As sesións buscan achegar a lingua e cultura catalás aos viaxeiros internacionais.

    Fonte: Diari de la Llengua

    26 de novembro de 2025

    O Departamento de Política Lingüística concedeu as Beques Propulsió 2025, ás que se presentaron 355 propostas e das que resultaron seleccionados 40 proxectos de creación de contidos en catalán. A iniciativa, que duplicou o número de axudas respecto da primeira edición, confirma a vitalidade dun sector esencial para fortalecer a lingua no ámbito dixital.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de novembro de 2025

    A Unión de Federacións Deportivas Vascas reforza a súa estratexia de promoción do éuscaro cunha nova edición de «Gu Geu, Kirola Euskaraz», centrada no papel das persoas adestradoras como referentes lingüísticos. Este ano son xa 23 as federacións adheridas ao acordo co Goberno vasco, que recoñeceu o seu compromiso nun acto en Vitoria-Gasteiz. Ademais de campañas de sensibilización, impúlsanse diagnósticos, plans de lingua e cursos formativos, cada vez máis demandados e con maior presenza do éuscaro.

    26 de novembro de 2025

    O Concello da Baña convoca a cuarta edición do seu concurso de postais de Nadal en galego, unha iniciativa dirixida á infancia e á mocidade de ata 16 anos para estimular a creación artística, fortalecer o uso da lingua e poñer en valor as tradicións locais. O certame, aberto ao alumnado do CPI San Vicenzo e á rapazada empadroada no municipio, busca imaxes inspiradas no Nadal de Galicia cunha mensaxe en galego e admite técnicas variadas en formato DIN A4.

    26 de novembro de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, enxalzou hoxe a “relevante contribución ao prestixio e fomento da lectura en galego” do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, que apoia a Xunta. Fíxoo durante a entrega do galardón á gañadora da XIX edición, Carmen V. Valiña, pola obra A illa que supuraba sangue.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder