Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de xullo de 2020

    Galego 2.0 ofrece recursos en liña para promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade a través de seis taboleiros temáticos, que se presentan cada xoves durante o mes de xullo. Así, os dous últimos taboleiros céntranse na literatura, e na ciencia e a tecnoloxía.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de xullo de 2020

    Un deputado presentou un proxecto de lei que establece que o idioma oficial de Uruguai é o español. Así mesmo, respecto ás regras do idioma, sinala a Academia Nacional de Letras como órgano responsable dos ditames.

    Fonte: Radio Sarandí 690

    31 de xullo de 2020

    Segundo sinalan dende Rei Zentolo, o algoritmo de Google non recoñece o galego como idioma, o que supón unha serie de dificultades para poder desenvolver unha campaña publicitaria nesta lingua.  

    Fonte: Galicia Confidencial

    30 de xullo de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia Nós no mundo. A paradiplomacia galega na nova normalidade e mais o Informe anual do IGADI 2019-2020. Da guerra comercial á Covid-19, ambos os dous traballos publicados co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    30 de xullo de 2020

    A décima edición do Atlàntida Film Fest contará con sesións presenciais en Palma e en Barcelona. Neste festival poderanse ver quince longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de xullo de 2020

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo lanzou o proxecto virtual A Palavra no Agora con que se pretende estimular o público a expresar os sentimentos relacionados coa pandemia provocada pola covid-19.

    Fonte: Campinas

    30 de xullo de 2020

    Unha deseñadora gráfica e nai dun neno que asiste a unha escola de inmersión en galés decidiu abandonar o seu traballo habitual para crear o seu propio negocio de produtos educativos en lingua galesa para suplir a falta deste material no mercado. O seu traballo xa recibiu recoñecemento público por medio de premios de emprendemento empresarial.

    Fonte: South Wales Guardian

    30 de xullo de 2020

    A profesora e escritora Charo Golmar presentou no compostelán Pazo de San Roque o seu último libro, Nobelo de luz, co que se estrea como poeta, da man de Edicións Fervenza.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de xullo de 2020

    A escola Semente de Compostela logrou apoio económico entre a cidadanía para reformar un novo edificio grazas ao crowdfunding co que conseguiron 160 000 euros, 30 000 máis do que precisaban inicialmente para este proxecto.

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de xullo de 2020

    Unha proposta do partido dos Demócratas Cristiáns da República Checa permitiría recuperar unha lei de 2015 pola que as minorías lingüísticas poderían casar na súa propia lingua.

    Fonte: Brno Daily

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder