Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xullo de 2020

    Os establecementos comerciais e hostaleiros de Muskiz poderán acollerse ao programa de axudas impulsado dende o Concello, ao que destinará 1500 euros, para poñer un rótulo e un toldo en éuscaro.

    Fonte: El Correo

    29 de xullo de 2020

    Plataforma per la Llengua solicitoulle á delegada do Goberno en Valencia que se investiguen as dificultades para realizar os exames do carné de conducir en valenciano e demandan que as preguntas dos tests se formulen tamén nesta lingua e non só en castelán.

    Fonte: Levante-EMV

    29 de xullo de 2020

    O novo documento de identidade aprobado por Marrocos exclúe a lingua tamazight ou bérber a pesar de que é idioma oficial desde 2011. 

    Fonte: Nationalia

    29 de xullo de 2020

    Para celebrar o seu 70 aniversario, Galaxia, cuxa asemblea fundacional tivo lugar o 25 de xullo de 1950 nun hotel compostelán, vai publicar un número especial de Grial, unha revista que a editorial comezou a editar en 1963.

    Fonte: Praza Pública

    29 de xullo de 2020

    Os Premios á calidade lingüística, que teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado, chegan á súa edición número dezaseis para recoñecer os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados nesta lingua ao longo do presente curso.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    29 de xullo de 2020

    A versión en liña do Dicionario da Real Academia Galega incorpora novas entradas e acepcións relacionadas co vocabulario da pandemia de coronavirus, que se suman a outras que xa se incluíran o pasado mes de maio.

    28 de xullo de 2020

    O Consulado Xeral do Brasil en Nova York abriu o proceso selectivo para a contratación dun profesor de portugués a tempo parcial que fará tamén labores de promoción lingüística.

    Fonte: Brazilian Times

    28 de xullo de 2020

    A crise provocada pola covid-19 podería significar o peche do xornal Nikkey Shimbun, único diario de lingua xaponesa no Brasil que fora fundado por inmigrantes xaponeses.

    Fonte: The Mainichi

    28 de xullo de 2020

    A Universidade de Vigo destina un orzamento de 12 000 euros á convocatoria, un ano máis, de axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, así como os premios á calidade lingüística dos TFG e TFM presentados no curso 2019/2020 cunha cualificación mínima de oito.

    Fonte: Universidade de Vigo

    28 de xullo de 2020

    Este convenio para o ano 2020 entre ambas as institucións ten como obxectivo normalizar e colaborar no desenvolvemento, estudo e investigación do éuscaro. Algúns dos proxectos que se impulsarán son a participación en dicionarios así como en traballos de onomástica e toponimia.

    Fonte: Diario de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder