Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de novembro de 2025

    A Universidade Federal do Rio Grande do Sur (Brasil), en colaboración co Instituto Latinoamericano de Estudos Avanzados, pon en marcha un curso de guaraní co obxectivo de fortalecer e promover esta lingua e cultura, favorecendo a súa preservación e valorización. A iniciativa inclúe cinco encontros presenciais e unha experiencia informativa nunha comunidade indíxena.

    Fonte: UFRGS

    03 de novembro de 2025

    A Comisión de Igualdade de Xénero da Cámara de Deputados de México presentou unha iniciativa de lei que procura garantir que a información sobre a prevención e a detección temperá do cancro de mama sexa traducida ás 68 linguas indíxenas recoñecidas polo Estado mexicano.

    Fonte: Mundo Ejecutivo

    03 de novembro de 2025

    O Concello de Pontevedra convoca unha nova edición de «Bótalle un conto

    03 de novembro de 2025

    O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, pon en marcha a 5ª edición do «Gora Gora Fest!» 2025, un ciclo cultural en éuscaro con dez espectáculos gratuítos que percorrerán 65 localidades entre o 7 de novembro e o 14 de decembro. A proposta diríxese a nenas/os, mocidade e familias e prioriza concellos de menos de 3000 habitantes, para achegarlles oferta cultural en éuscaro onde apenas existe.

    03 de novembro de 2025

    Comeza a segunda edición do Correllengua Universitario, destinado a fortalecer o uso do catalán nas universidades e a formar o alumnado sobre os seus dereitos lingüísticos. Durante varios días, diferentes universidades catalás acollerán actividades culturais e educativas para reivindicar a lingua e a cultura propias. A iniciativa pretende que o estudantado poida detectar e denunciar vulneracións das normas que protexen o catalán e ofrecerlle guías e materiais prácticos para facelo.

    31 de outubro de 2025

    Cada 9 de outubro Corea celebra o Día do Hangul, creado polo rei Sejong o Grande no século XV para que todo o pobo puidese ler e escribir. O hangul representa unha revolución lingüística e un símbolo de igualdade e identidade nacional.

    Fonte: Korea.net

    31 de outubro de 2025

    O estado brasileiro de Acre rexistrou un notable crecemento no número de etnias e tamén destaca a nivel nacional polo seu traballo en favor da preservación das linguas maternas indíxenas entre a mocidade. Esta iniciativa gaña forza a través de diversos programas educativos e culturais que buscan manter vivas as tradicións lingüísticas, garantindo así a súa transmisión ás novas xeracións.

    31 de outubro de 2025

    A comunidade kaiowá, unha das máis numerosas do Brasil, recibiu as primeiras traducións da Constitución no marco do programa Lingua Indíxena Viva no Dereito. A iniciativa busca achegar o dereito ás linguas orixinarias, promovendo a igualdade e a diversidade lingüística e cultural do pobo brasileiro.

    Fonte: Agência Gov

    31 de outubro de 2025

    Os esforzos para revitalizar as linguas nativas de Guernsey e Jersey están a atraer un crecente interese internacional. A Comisión de Lingua de Guernsey lanzou varios proxectos para recuperar o guernésiais, incluíndo programas interactivos para nenos e nenas e unha ruta QR para turistas.

    Fonte: Guernsey Press

    31 de outubro de 2025

    O programa de Cinema Infantil en Català (CINC), impulsado polo Departamento de Política Lingüística, reactivouse este outubro con 174 proxeccións en 32 localidades de Cataluña e Aragón. A iniciativa ofrece películas dobradas ao catalán, a prezos reducidos e cunha ampla distribución territorial co obxectivo é ampliar a oferta e o consumo de cinema en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder