Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xaneiro de 2026

    A empresa de tradución e tecnoloxía DeepL anunciou que engadirá a lingua galesa como idioma admitido na súa plataforma de intelixencia artificial, o que reflicte o crecente interese da empresa en valorar e apoiar linguas europeas históricas e minoritarias dentro das aplicacións avanzadas de tradución automática.

    Fonte: News from Wales

    21 de xaneiro de 2026

    A Cámara Municipal do Río de Xaneiro aprobou unha lei que establece un programa municipal para impulsar o ensino da lingua e cultura chinesas entre o alumnado da rede pública e a poboación en xeral. O programa incluirá actividades presenciais e virtuais en escolas, centros culturais e espazos comunitarios.

    Fonte: Agência Brasil China

    21 de xaneiro de 2026

    A Área de Normalización Lingüística presentou a súa nova oferta formativa para o segundo cuadrimestre, con cinco cursos gratuítos en liña de lingua galega dirixidos a toda a comunidade universitaria. As propostas abranguen desde a iniciación ao galego para alumnado internacional até a mellora da calidade lingüística, a corrección escrita e o uso da lingua en ámbitos administrativos e xurídicos. A iniciativa busca reforzar a competencia lingüística e promover un uso coidado do galego no contexto universitario.

    21 de xaneiro de 2026

    A novena edición dos Premios Youtubeiras+ bateu a súa marca histórica cunha participación récord de 126 canles, das que 28 resultaron finalistas. O certame, impulsado por institucións públicas e universitarias, consolídase como ferramenta clave para promover o galego nos espazos dixitais e entre a mocidade. A gala final celebrarase o 7 de febreiro en Ferrol e repartirá sete galardóns, cunha atención especial ao pódcast como formato emerxente.

    21 de xaneiro de 2026

    O Goberno vasco aprobou un novo acordo de colaboración entre o Departamento de Educación e Euskaltzaindia para reforzar o éuscaro e a cultura vasca no ámbito educativo. O convenio permitirá coordinar accións relacionadas coa creación de recursos lingüísticos, a investigación terminolóxica e a normalización da lingua nos distintos niveis formativos. A cooperación dará apoio tanto ao alumnado como ao profesorado mediante materiais e servizos especializados.

    21 de xaneiro de 2026

    O Servizo Navarro de Saúde elaborou unha guía para apoiar o persoal de traballo social na atención bilingüe, co obxectivo de facilitar o uso do éuscaro xunto co castelán. O material ofrece expresións, orientacións e léxico específico para distintos ámbitos asistenciais, desde a atención telefónica ata a intervención sanitaria. A iniciativa responde á necesidade de superar inseguridades e carencias terminolóxicas detectadas entre profesionais euscaldúns.

    20 de xaneiro de 2026

    Casaquistán deu a coñecer o maior modelo de recoñecemento automático da fala (ASR) desenvolvido especificamente para linguas túrquicas, un fito destacado no ámbito da intelixencia artificial en Asia Central. O sistema, creado co apoio institucional do Ministerio de Intelixencia Artificial, recoñece as seguintes linguas: casaco, turco, kazako, turco, uzbeko, kirguiz, azerí e tártaro.

    Fonte: Azernews

    20 de xaneiro de 2026

    A lingua siPhuthi, falada por apenas uns poucos miles de persoas no sur de Lesotho e parte de Suráfrica, experimentou un renacemento importante tras anos de traballo con lingüistas e activistas que documentaron relatos e acordaron unha forma escrita. En agosto de 2025, o siPhuthi foi recoñecido oficialmente en Lesotho, o que fortaleceu a identidade cultural da comunidade e axudou a impulsar proxectos como o da tradución da Biblia.

    20 de xaneiro de 2026

    A Academia da Lingua Asturiana abriu a inscrición nun novo curso de asturiano de nivel intermedio, axustado ao Marco Común Europeo de Referencia, que se desenvolverá entre febreiro e maio. A formación combinará sesións presenciais e traballo autónomo, cun enfoque comunicativo centrado no uso oral e escrito da lingua. O programa abranguerá contidos lingüísticos, literarios e sociolingüísticos, organizados en varios módulos.

    20 de xaneiro de 2026

    Abriuse o prazo para participar na oitava edición dos Premios Internacionais de Pódcast Xosé Mosquera Pérez, destinados a alumnado de diferentes niveis educativos de Galicia e Portugal, incluído o ámbito universitario. As persoas participantes deberán crear un pódcast propio e inédito, en galego ou portugués, cun máximo de cinco minutos. Os traballos deberán abordar cuestións vinculadas á figura homenaxeada, á historia da radio en Galicia, á cultura galega e portuguesa ou a contidos curriculares oficiais.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder