Castela e León
A Universidade de Valladolid e o Padroado sobre Discapacidade colaboran a favor das persoas xordas
A Universidade de Valladolid e o Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE), asinaron un convenio de colaboración dirixido a fomentar a formación e investigación da lingua de signos española. Este convenio permitirá que ambas entidades traballen no desenvolvemento de proxectos de investigación, actividades de difusión e divulgación da lingua de signos española tanto de carácter académico como cultural e intercambio de publicacións que resulten de interese.
Fonte: ABC
As matriculacións para aprender idiomas quintuplícanse en Salamanca desde o inicio da crise
Cada vez son máis a persoas que estudan outra lingua para aumentar as súas posibilidades laborais, ben sexa en academias particulares ou na Escola Oficial de Idiomas, que cubre practicamente todas as súas prazas, 5000 durante o último curso.
Fonte: Salamanca 24 horas
Castela e León recorta en educación suprimindo clases de galego no Bierzo
A Junta de Castela e León decidiu suprimir o programa de inmersión lingüística de galego no Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos, un dos catro centros de secundaria nos que se imparte lingua galega na comarca e o único desta localidade, ao suprimir esta materia optativa do Bacharelato.
Fonte: Praza Pública
O persoal de turismo de Segovia fórmase en cultura e lingua de China
Os traballadores da Empresa Municipal de Turismo de Segovia, tanto de información turística como dos departamentos que traballan na creación e comercialización de produtos dirixidos a novos segmentos de mercado, participan nun curso en que aprenden a cultura e a lingua chinesas co fin de comprender mellor o turismo do país asiático e ofrecerlle un servizo personalizado.
Fonte: El Norte de Castilla
León recoñece a "realidade lingüística" das zonas galegofalantes do Bierzo
O Cancioneiro de Oencia "recolle a realidade lingüística e lírica do pobo en zonas que teñen profundas e arraigadas tradicións populares". Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León, recoñeceu con estas palabras algo que non adoitan recoñecer os políticos leoneses; que no Bierzo tamén se fala galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Lévanse a cabo mobilizacións no Bierzo pola supresión do estudo do galego
A Junta de Castela e León non quere promover o estudo do galego nalgúns institutos do Bierzo. Este goberno autonómico rachou o acordo que mantiña coa Xunta de Galicia para impartir Lingua e Cultura Galega ao alumnado do Instituto de Ensinos Medio "Europa" de Ponferrada. Por iso, alumnos e pais comezaron xa a mobilizarse e remitiron escritos á dirección do centro, ao colectivo de defensa do galego Fala Ceibe e á Consellería de Educación da Junta de Castela e León mostrando a súa desconformidade con esta medida.
Fonte: Galicia Confidencial
Alumnos burgaleses de secundaria e bacharelato crearán material en liña para aprender español
Cinco estudantes dos dous últimos cursos de Secundaria e de Bacharelato terán a responsabilidade de crear o contido específico co que alumnos de todo o mundo poidan aprender castelán.
Fonte: Diario de Burgos
O PSOE denuncia a supresión de clases de galego no Bierzo e en Zamora
O procurador socialista por Zamora, José Ignacio Martín Benito, denunciou no pleno das Cortes o incumprimento do artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Castela e León e do “atentado contra as linguas da Comunidade” que supón a política de recortes da Junta ao suprimir clases de galego no Bierzo e Zamora.
Fonte: InfoBierzo
A asociación cultural Faceira dá a coñecer o seu certame literario en lingua leonesa
A asociación cultural Faceira e a Concellería de Cultura do Concello de Astorga convocaron o I Certame Literario Astúrica no que pode participar calquera cidadán da Unión Europea que o desexe cun único traballo por modalidade (relato ou poesía) escritos en leonés.
Fonte: Diario de León
Dúas estudantes bercianas suman case 3500 visitas nun vídeo en defensa do galego
Dúas estudantes do Bierzo (León) reivindican nun vídeo o uso do galego, nunha gravación que está a piques de lograr ás 3500 visitas. Leva unha morea de comentarios nas que galegos e non galegos espallados por diferentes partes do mundo lles mandan saúdos na nosa lingua.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín