Castela e León
Denuncian a supresión de cursos de galego e portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada
A Asociación de Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo manifestaron o seu malestar polo peche dos primeiros cursos de galego e portugués antes de finalizar o prazo de matrícula.
Fonte: Bierzo Diario
Suprimen o primeiro curso de galego na Escola Oficial do Bierzo
O pasado curso esta lingua tivo 93 matrículas, máis que os inscritos en alemán, francés ou portugués. Prolingua pídelle á Xunta de Galicia e á Real Academia Galega que interveñan para evitar que desapareza o ensino oficial do galego no Bierzo.
Fonte: Galicia Confidencial
Tres asociacións denuncian en Europa os incumprimentos sobre a lingua leonesa
As asociación en defensa da lingua leonesa El Teixu, Furmientu e Faceira denuncian nun informe para o Consello de Europa que tanto o Estado como a Junta de Castela e León incumpren a Carta Europea das Lingua Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Ileón
A Escola Oficial de Idioma de Ponferrada loita por conservar portugués e galego tras a caída de matriculacións
A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada conta actualmente con 1600 alumnos, pero mantén no aire o futuro de dous idiomas, o galego e o portugués, que este ano quedaron sen primeiros cursos ao non haber demanda suficiente. Ademais de dar un impulso a ambas as linguas, o segundo obxectivo inmediato é conseguir incluír na súa oferta actual o italiano.
Fonte: Diario de León
As VII Xornadas Martín Sarmiento congregan os máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria
A sétima edición das Xornadas Martín Sarmiento, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento, congregaron en Vilafranca do Bierzo os máis de mil escolares de ensino primario e secundario que estudan lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
Castela e León promove a lingua francesa con intercambios educativos co país galo
Nun acordo asinado entre a Consellería de Educación da Junta de Castela e León e o reitorado de universidades de Grenoble, ambas as entidades accederon á promoción recíproca das súas linguas e culturas a través de intercambios educativos.
Fonte: Salamanca al día RTV
Unha nova orde da Junta de Castilla y León relega o galego a unha materia de libre configuración autonómica
A organización Fala Ceibe do Bierzo denuncia que esta nova orde constitúe un retroceso para a consolidación do galego neste territorio.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Treviño pide á Xunta de Castela e León que se inclúa o éuscaro no plan educativo
Seguindo o exemplo do galego no Bierzo, o Concello de Treviño quere ofrecer a posibilidade de estudar en éuscaro na localidade e que sexan as familias quen escolla a lingua na que estuden os seus fillos.
Fonte: Diario de Soria
Denuncian a perda da cultura e a lingua galegas no bacharelato do vindeiro curso no Bierzo
O PSOE denunciou que o vindeiro curso coa Lomce a cultura e a lingua galegas desaparecerán do bacharelato no Bierzo.
Fonte: Diario de León
Unha xornada tratará o patrimonio lingüístico e cultural da provincia de León
A quinta Xornada de Patrimonio Lingüístico e Cultural centrarase na variante lingüística oriental do asturleonés.
Fonte: Diario de León
Boletín
Subscríbase ao boletín