Castela e León
Admiten o recoñecemento do idioma galego na reforma da Lei da comarca do Bierzo
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa a cidadanía sobre o recoñecemento definitivo do idioma galego na Lei da comarca do Bierzo.
Fonte: El Bierzo Digital
Castela e León traballa nun memorando con Portugal para que o portugués sexa lingua estranxeira de opción curricular
O conselleiro de Educación da Junta de Castela e León, Juan José Mateos, avanzou que o Goberno rexional traballa na elaboración dun memorando con Portugal para que o portugués sexa considerado como lingua estranxeira de opción curricular.
Fonte: Europa Press
Rexeitan que o éuscaro se converta en lingua oficial no Condado de Treviño
O presidente da Asociación Nacional pola Liberdade Lingüística (ANLL), Pablo Yáñez González, mostrou o seu rexeitamento á proposta de Aralar para que o éuscaro se converta en lingua oficial no Condado de Treviño, e instou o PP e o PSOE de Castela e León a manter o actual status lingüístico no enclave burgalés.
Fonte: Diario Vasco
Créase unha bolsa de emprego para profesores de español para estranxeiros
O director do Instituto Castelán e Leonés da Lingua, Gonzalo Santonja, e o reitor da Universidade de Burgos, Alfonso Murillo, asinaron un convenio de colaboración para a creación dunha bolsa de emprego destinada a profesores de español para estranxeiros.
Fonte: Europa Press
Celébrase en Salamanca un congreso sobre as linguas minoritarias estremeñas
O municipio salmantino de Villasrubias celebrará un congreso onde expertos debaterán e analizarán a situación dalgunha linguas minoritarias do oeste de Castela e León e de Estremadura.
Fonte: ABC
Fundan unha plataforma para instar o Goberno de Castela e León a que protexa o galego e o leonés nesta comunidade

Once asociacións culturais das provincias de León, Zamora e Salamanca dedicadas á defensa do leonés e do galego constituíron a Plataforma en Defensa do Leonés e do Galego en Castela e León.
Fonte: Galicia Hoxe
Renault e Michelín reforzarán o estudo do francés en Castela e León
As multinacionais Renault e Michelín, con varias factorías e centos de traballadores en Castela e León, reforzarán o estudo da lingua francesa dentro do ámbito da formación profesional, a cuxos alumnos facilitará a realización de prácticas dentro de fábricas situadas no país veciño.
Fonte: ABC
O Centro Cultural Hispano-Xaponés ofrecerá clases de lingua e cultura xaponesas para nenos
O Centro Cultural Hispano-Xaponés da Universidade de Salamanca impartirá o curso que vén clases de lingua e cultura xaponesas para nenos de 7 a 12 anos. Estas clases terán unha periodicidade semanal e desenvolveranse entre o 3 de outubro de 2011 e o 25 de maio de 2012.
Fonte: Salamanca24horas.com
Os profesores de lingua galega no Bierzo denuncian discriminación
Aseguran estar cansos de que impartir galego no Bierzo se convertese nunha «carreira de obstáculos». Denuncian a discriminación da súa materia e o intento, por parte das direccións dalgúns centros, de evitar que os alumnos escollan o programa de galego.
Fonte: Diario de León
A Universidade de León fomentará a formación en idiomas do seu persoal administrativo
O vicerreitor de Relacións Internacionais e Institucionais da Universidade de León (ULE), José Luís Chamosa, manifestou que a formación en idiomas do persoal administrativo e de servizos da institución académica é "o gran reto” para avanzar na internacionalización e na mobilidade.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín