Castela e León

A Xunta de Castela e León destaca que a lingua española aínda xera emprego na rexión

O director de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, José Ramón Alonso, destacou que «aínda que sinalaba que o sector do español estaba chegando ao tope na rexión, este creceu un 13,5 por cento con respecto ao ano pasado, polo que augurou que á comunidade lle queda moito por crecer».

Fonte: Diario de León

Castela e León

O Instituto Castelán e Leonés da Lingua recibe 165 000 euros para promover o español e a cultura de Castela e León

O Consello de Goberno da Xunta de Castela e León aprobou un investimento de 165 000 euros para promover o español e a cultura de Castela e León a través da Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua.

Fonte: Europa Press

Castela e León

Case un centenar de alumnos estuda éuscaro na Escola de Idiomas de Miranda de Ebro

O interese de Miranda de Ebro por aprender éuscaro creceu nos últimos anos de forma considerable. Así, neste curso matriculáronse un total de 80 persoas na Escola Oficial de Idiomas deste municipio burgalés para aprender a lingua vasca.

Fonte: Noticias de Álava

Castela e León

O Consello de Europa repróchalle á Junta de Castela e León a falta de protección da lingua leonesa

O Consello de Europa sinala que o leonés conforma unha unidade co asturiano e co mirandés, e que, aínda que esta lingua está recoñecida no Estatuto de Castela e León de 2007, as autoridades autonómicas non adoptaron ata agora a regulación oportuna para a súa protección e promoción, nin desenvolveron medidas prácticas relevantes para protexer esta lingua.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

As intérpretes de lingua de signos de Castela e León denuncian a baixada de calidade do servizo

As intérpretes de lingua de signos que traducen as clases aos nenos xordos escolarizados nos centros educativos de toda a rexión denuncian a baixada na calidade do servizo que desempeñan tras o cambio de titularidade da empresa concesionaria.

Fonte: Tecnosord

Castela e León

O Concello de Burgos e o Instituto Castelán e Leonés da Lingua poñen en marcha Oficina do Español

O obxectivo é atraer estudantes estranxeiros á capital burgalesa ofrecendo un servizo “de excelencia” achegando axuda en todo o que se refire a trámites burocráticos para a estancia na cidade, áreas de aloxamento en Burgos, información sobre cursos adicionais que poidan interesar ao alumno así como datas de exames e dispoñibilidade dos fondos bibliográficos dos que dispón para o estudo do idioma no Instituto.

Fonte: El Correo de Burgos

Castela e León

Convocan un certame literario para revivir a lingua vernácula da montaña occidental astur-leonesa

O Clube Xeitu convoca o 5º Certame Literario en Patsuezu ‘Guzmán álvarez’, co que se pretende a revitalización da lingua vernácula da montaña occidental astur-leonesa, ademais do fomento da creación literaria nesta e a súa divulgación.

Fonte: León Noticias

Castela e León

A empresa Tecopy desenvolve unha aplicación para promover o castelán

A empresa Tecopy desenvolveu un «xeoportal» en internet para a promoción integral do Camiño da Lingua Castelá, cuxo obxectivo é o fomento do ensino do castelán e os recursos patrimoniais, literarios e turísticos.

Fonte: La Opinión de Zamora

Castela e León

O alemán é a segunda lingua máis demandada na Universidade de Salamanca, mentres que catalán, galego e éuscaro retroceden

O alemán é xa, tras o inglés, a segunda lingua máis demandada na Universidade de Salamanca mentres que o éuscaro, o catalán e o galego tiveron no último ano “menor acollida debido á redución nas convocatorias de prazas nas comunidades” onde se falan esas linguas.

Fonte: ABC

Castela e León

Os cursos de lingua e cultura españolas da Universidade de Salamanca cumpren medio século

Desde as súas orixes foron ampliando progresivamente a súa oferta formativa e o seu número de alumnos chegando a superar os 7000 anuais, procedentes de máis de 70 países.

Fonte: Salamanca 24 horas

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder