Castela e León
A materia de Lingua Galega volve impartirse no Instituto Europa de Ponferrada
A materia de Lingua Galega volve impartirse no instituto Europa de Ponferrada, despois de que a Consellería de Educación da Junta de Castela e León a suprimise, ao inicio do presente curso escolar (2013-2014), nos dous cursos de Bacharelato.
Fonte: Infobierzo
A Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León inauguran as ‘Xornadas Martín Sarmiento. Educación, cultura e lingua’
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Recursos Humanos, Jesús Hurtado Olea, inauguraron no Teatro Vilafranquino as “VI Xornadas Martín Sarmiento. Educación, cultura e lingua”, coas que a Comisión Cultural Martín Sarmiento conmemora os doce anos de funcionamento do programa de promoción do galego no Bierzo e en Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
Esquerda Unida esíxelle á Junta de Castela e León protección, uso e promoción para a lingua leonesa
Esquerda Unida denunciou a ausencia de programas para a protección, uso e promoción da lingua leonesa por parte da Junta de Castela e León, xa que non aprobou nas partidas propias da Consellería de Cultura as medidas para garantir a supervivencia desta lingua.
Fonte: León Noticias
A comarca da Cepeda recupera a lingua e a cultura leonesas
A Asociación Cultural Faceira e a Asociación Cultural Rei Ordoño I organizan o cuarto encontro para a recuperación do patrimonio cultural e lingüístico leonés nos municipios de Villamejil e Otero de Escarpizo.
Fonte: Ileón
O ensino de portugués en Zamora alcanza as cifras de francés e achégase ás de alemán
O portugués vai, ano a ano, gañando posicións en canto ás preferencias dos alumnos zamoranos para cursar idiomas. O ensino da lingua do país veciño alcanzou o curso anterior na Escola Oficial de Idiomas (EOI) os 110 alumnos, mentres que en alemán foron tan só uns poucos mais, 134.
Fonte: La Opinión de zamora
Denuncian a supresión de cursos de galego e portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada
A Asociación de Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo manifestaron o seu malestar polo peche dos primeiros cursos de galego e portugués antes de finalizar o prazo de matrícula.
Fonte: Bierzo Diario
Suprimen o primeiro curso de galego na Escola Oficial do Bierzo
O pasado curso esta lingua tivo 93 matrículas, máis que os inscritos en alemán, francés ou portugués. Prolingua pídelle á Xunta de Galicia e á Real Academia Galega que interveñan para evitar que desapareza o ensino oficial do galego no Bierzo.
Fonte: Galicia Confidencial
Tres asociacións denuncian en Europa os incumprimentos sobre a lingua leonesa
As asociación en defensa da lingua leonesa El Teixu, Furmientu e Faceira denuncian nun informe para o Consello de Europa que tanto o Estado como a Junta de Castela e León incumpren a Carta Europea das Lingua Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Ileón
A Escola Oficial de Idioma de Ponferrada loita por conservar portugués e galego tras a caída de matriculacións
A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada conta actualmente con 1600 alumnos, pero mantén no aire o futuro de dous idiomas, o galego e o portugués, que este ano quedaron sen primeiros cursos ao non haber demanda suficiente. Ademais de dar un impulso a ambas as linguas, o segundo obxectivo inmediato é conseguir incluír na súa oferta actual o italiano.
Fonte: Diario de León
As VII Xornadas Martín Sarmiento congregan os máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria
A sétima edición das Xornadas Martín Sarmiento, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento, congregaron en Vilafranca do Bierzo os máis de mil escolares de ensino primario e secundario que estudan lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín