Castela e León

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta premia os mellores debuxos acerca da "maxia" do galego

A Biblioteca Municipal de Ponferrada vén de acoller a entrega de galardóns dos V Premios Xarmenta de Debuxo, un certame que promove a Asociación Berciana da Lingua “Xarmenta” e que está dirixido ao alumnado de Lingua galega do Bierzo.

Fonte: Xunta de Galicia

Castela e León

Un anteproxecto de lei prevé que o coñecemento de español sexa un dereito e un deber para os inmigrantes en Castela e León

O anteproxecto de Lei de integración dos inmigrantes na sociedade de Castela e León inclúe o coñecemento da lingua española como un dereito e un deber, dado que o idioma constitúe un factor «esencial» de integración.

Fonte: La Razón

Castela e León

Unha asociación berciana pide apoio para o idioma galego

O colectivo berciano Fala Ceibe pretende obter o recoñecemento expreso da lingua galega na reforma da Lei da comarca do Bierzo, que nas próximas semanas aprobará o Consello de Goberno da Junta de Castilla y León.

Fonte: La Región

Castela e León

Máis dunha trintena de colexios de Castela e León contarán con intérprete de lingua de signos

O Consello de Goberno autorizou unha partida de 530.556 euros para a contratación no curso 2010-2011 de 26 intérpretes de lingua de signos, en 35 centros educativos públicos con 62 alumnos con discapacidade auditiva en Castela e León.

Fonte: ABC

Castela e León

Outros 64 centros de Castela e León sumaranse o próximo curso á ensinanza bilingüe

A Junta autorizou a creación doutras 64 novas seccións bilingües en centros docentes de Castela e León para o próximo curso. Estes institutos que impartirán algunhas materias nun idioma estranxeiro elexiron o inglés, seguido do francés e o alemán.

Fonte: ABC

Castela e León

O colectivo cultural Fala Ceibe denuncia os problemas co ensino do galego no Bierzo

O colectivo cultural Fala Ceibe del Bierzo está informando de que continúan os problemas coa implantación do ensino da lingua galega. Neste sentido, están a recibir diversas queixas de membros da comunidade escolar berciana sobre as dificultades que encontran á hora de solicitar a materia de galego nos seus centros educativos.

Fonte: O Bierzo Ceibe

Castela e León

O ensino de español xera un impacto próximo aos 80 millóns de euros en Castela e León

O ensino do español para estranxeiros supón un impacto económico próximo aos 80 millóns de euros en Castela e León, que anualmente recibe a uns 45.000 estudantes foráneos que veñen a aprender o idioma.

Fonte: ABC

Castela e León

O colectivo Fala Ceibe propón que a Lei da comarca do Bierzo recoñeza a lingua galega

As Cortes castelás de Valladolid están no proceso de reformar a Lei da comarca do Bierzo e diversos colectivos, entre eles Fala Ceibe, reclaman que no novo texto se recoñeza o galego como idioma natural da rexión.

Fonte: Galicia Hoxe

Castela e León

O leonés impartirase este curso no dobre de colexios que o último ano

O leonés impartirase este curso no dobre de colexios que o último ano. A actividade extraescolar que recibe o nome oficial de ‘Llingua y Cultura Llïonesa’ arranca en 16 colexios da cidade de León fronte aos oito centros en que se impartiu clase no período escolar 2009/2010.

Fonte: La Crónica de León

Castela e León

O Ministerio de Educación destina 770.000 euros para reforzar o ensino do inglés nas escolas de idiomas de Castela e León

O Ministerio de Educación destinou 776.431 euros dirixidos a financiar o aumento de oferta de prazas para o ensino de inglés para mozos nas escolas oficiais de idiomas de Castela e León.

Fonte: La Crónica de León

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder